Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2002 Páx. 16.272

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (343/1999).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 343/1999, seguidos por instancia de Miguel Parcedo Costas e Ramón Fernández Losada contra Cutlestar, L.T.D., Pesca Pan, S.L. e Fogasa sobre reclamación de cantidades, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parese, dictou sentencia, na data do 17 de outubro de 2002, coa seguinte parte dispositiva: «Que, estimando a demanda presentada por Miguel Parcero Costas e Ramón Fernández Losada, debo declarar e declaro o dereito dos demandantes a percibi-la cantidade de 524,12 euros e 352,30 euros respectivamente; nese sentido debo condenar e condeno solidariamente as empresas Cutlestar, L.T.D. e Pesca Pan, S.L. a que estando e pasando por tal declaración lles aboen ós demandantes as cantidades anteriores. E debo absolver e absolvo o Fogasa na instancia.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que contra a dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días, contado desde a notificación desta sentencia, por comparecencia, ou por escrito das partes, ó seu avogado ou representante legal, designando o letrado que deberá de interpoñelo, de ser posible o anuncio por simple manifestación daquela ó ser notificada, e que será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá,

así mesmo, acreditar ó anuncia-lo recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, conta 5602-60, podendo substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito nun impreso separado ó do importe da condena. Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Pesca Pan, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido en Peirao de Linares Rivas, 85, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 17 de outubro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado