Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2002 Páx. 16.272

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (494/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado séguense autos nº 494/2002 seguidos por instancia de Josefa Lorente Araiz e outra contra empresa Seduction Corp, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 22-10-2002 que copiada nos particulares necesarios di así: «Que estimando a demanda formulada por María Josefa Lorente Araiz e María Isabel Rodríguez Manso, contra a empresa Seduction Corp, S.L. condeno a empresa aboárlle-la cantidade de 2.704,59 euros a María Josefa Lorente Araiz e 1.735,20 euros a María Isabel Rodríguez Manso, que lles debe en concepto de salario. Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ó da súa notificación. Prevense a empresa demandada que

para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60 494-2002 de banco BBVA desta cidade denominada Conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, sen os cales requisitos non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo». E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Seduction Corp, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, 24 de outubro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado