Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2002 Páx. 16.273

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (256/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado séguense autos nº 256/2002 por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra INSS e outras sobre outros, nos que recaeu sentencia en data 24-10-2002 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Que estimando a demanda formulada por Mutua Galega de Accidentes de Traballo condeno a empresa Madeblas, S.L. como responsable directa e única do aboamento dos gastos derivados da asistencia sanitaria ó traballador, Jaime Pazos Fernández, derivada de accidente de traballo, na contía inicial establecida no feito terceiro desta resolución, que debe reintegrar á mutua actora sen prexuízo da responsabilidad subsidiaria que no seu caso puidera recaer no Instituto Nacional da Seguridade Social e na Tesourería Xeral da Seguridade Social, como xestores do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo».

Notifíquese a esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Madeblas, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, 25 de outubro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado