Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2002 Páx. 16.271

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (200/2002).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 200/2002 seguidos por instancia de Modesto Rivas Insua contra Telecomunicaciones Servicios Avanzados de Telefonía, S.A., Telsat e Fogasa sobre reclamación de cantidades, a maxistrada xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parese, dictou sentencia, con data do 11 de outubro de 2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda presentada por Modesto Rivas Insua, debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibi-la cantidade de 2.263,3 euros polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e, nese sentido debo condenar e condeno a empresa Telecomunicaciones Servicios Avanzados de Telefonía, S.A.-Telsat a que, estando e pasando por tal declaración, lle aboe ó demandante a cantidade de 2.263,43 euros, en concepto de diferencia por aplicación do convenio.

E debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que, contra esta resolución, cabe o recurso de suplicación, que deberá anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días, contado a partir da notificación desta sentencia, por comparecencia, ou por escrito das partes, o seu avogado

ou representante legal, designando o letrado que deberá interpoñelo, de ser posible o anuncio por mera manifestación daquela ó ser notificada, e que será resolto, se é o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá así mesmo acreditar, ó anunciar o recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado aberta no BBV, conta número 5602-60, podendo substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito nun impreso separado ó do importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Telecomunicaciones Servicios Avanzados de Telefonía, S.A., Telsat, que tivo o seu último enderezo coñecido en Oleiros, r/ Aguieira, s/n, Santa Cruz, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 11 de outubro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado