Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Medio Ambiente, por Orde do 18 de setembro de 2002 (DOG nº 193, do 7 de outubro), en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro.-Resolve-la convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Medio Ambiente, anunciada pola Orde do 18 de setembro de 2002 (DOG nº 193, do 7 de outubro).
Segundo.-Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, ó funcionario que se cita no anexo da presente orde.
Terceiro.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtén praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
O prazo de toma de posesión da praza adxudicada será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e tal como dispón a base sétima da convocatoria.
O cómputo do prazo de posesión iniciarase cando remate o permiso ou licencia que, se é o caso, lle fose concedido ó interesado. No suposto de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.
Cuarto.-A xefatura do centro no que cause baixa o funcionario, así como a daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado a Dirección Xeral da Función Pública.
Quinto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, o interesado poderá interpor potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e
do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.
Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2002.
José Carlos del Álamo Jiménez
Conselleiro de Medio Ambiente
ANEXO
Apelidos e nome: Pazo Fernández, Ursula.
NRP: 327854424 A2059.
Grupo: D.
Corpo/escala: auxiliar da Xunta.
Código do posto: MA.C04.00.000.15770.001.
Denominación do posto: secretario/a director xeral.
Centro directivo: Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
Localidade: Santiago de Compostela.
Nivel C. destino: 18.