Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 20 de novembro de 2002 Páx. 16.172

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2002, do Centro de Control do Medio Mariño, pola que se modifica a clasificación da zona de producción de moluscos bivalvos denominada Enseada da Barca na ría de Ferrol.

A Orde do 10 de xullo de 2002, da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, pola que se declaran e clasifican as zonas de producción de moluscos bivalvos vivos nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, clasifica a ría de Ferrol na categoría B para toda a ría, excepto a parte interna dela, delimitada pola liña imaxinaria que une Punta Camposanto co extremo do peirao de Maniños que se clasifica como zona C.

A zona coñecida como Enseada da Barca, na ría de Ferrol, está sendo afectada por verteduras de augas residuais como consecuencia da ruptura en varios puntos dun emisario que atravesa a devantida zona; os últimos datos analíticos dispoñibles desta zona, resultado do programa de control das zonas de producción que desenvolve o Centro de Control do Medio Mariño, amosan a necesidade dun cambio na súa clasificación dado que os niveis de E. Coli presentes nos moluscos da zona correspondense claramente cos niveis dunha zona C.

A norma 2ª do anexo II da antes citada Orde do 10 de xullo de 2002, determina que «cando os controis establecidos nas zonas de producción demostren unha alteración das condicións que determinaron a súa clasificación, o Centro de Control do

Medio Mariño prohibirá a recolleita na zona da que se trate ou procederá ó cambio de clasificación dela ata que se restablezan as condicións orixinais».

Por todo o exposto, a Dirección Xeral do Centro de Control do Medio Mariño,

RESOLVE:

Proceder ó cambio de clasificación da zona da ría de Ferrol coñecida coma Enseada da Barca, franxa litoral comprendida no interior da zona delimitada pola liña imaxinaria que une Punta Promontoiro con Punta O Seixo e a liña de costa, quedando clasificada como zona C en tanto non se restablezan as condicións anteriores.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos no prazo dun mes desde o día seguinte á notificación, segundo dispón o artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada por Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2002.

Juan Carlos Maneiro Cadillo

Director do Centro de Control do Medio Mariño