Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 20 de novembro de 2002 Páx. 16.172

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 9 de setembro de 2002 pola que se lle autoriza a ampliación de dúas unidades do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado Liceo La Paz da Coruña.

Advertido erro na devandita orde, publicada no DOG nº 182 do venres 20 de setembro de 2002, cómpre face-la seguinte corrección:

Na páxina 13.852, no anexo, hai que engadir:

Quenda de tarde-noite:

Familia profesional: informática.

1 ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos (2 unidades para 30 postos escolares/unidade).

1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas (2 unidades para 30 postos escolares/unidade).