Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2002 Páx. 16.155

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO.

Por resolución de Alcaldía número 670/2002, do 18 de xullo de 2002, aprobouse definitivamente a delimitación da unidade de actuación, e a determinación do sistema de actuación de compensación con relación á parcela de 4.799 m, sita no lugar de Carrio, parroquia de Bergondo, deste concello, e propiedade de Rías de Bergondo, S.A. representada por Óscar Fondevila Taboada.

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo diante do Xulgado ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; de conformidad cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa no prazo de dous meses contados do día seguinte ó da publicación do presente acordo. Previo e potestativamente, poderase interpoñer recurso de reposición, ante o órgano que dictou o acordo, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, no prazo dun mes, contado do día seguinte ó da devandita publicación.

Tamén se poderá interpoñe-lo recurso extraordinario de revisión, cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no punto 2º do mesmo artigo 118. Todo isto, sen prexuízo do dereito dos interesados a formula-la solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da devandita lei.

Bergondo, 18 de xullo de 2002.

José Fernández Ramos

Alcalde-presidente