Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2002 Páx. 16.154

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

EDICTO.

Óscar Fondevila Taboada, en representación de Rías Bergondo, S.A., solicitou desta alcaldía a aprobación do proxecto de compensación presentado para o desenvolvemento do estudio de detalle aprobado definitivamente polo Pleno Municipal en sesión de

data 10 de maio de 2001, correspondente a unha parcela sita no lugar de Carrio, da parroquia de Bergondo, neste concello.

Co fin de dar cumprimento ó establecido no artigo 102, da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o expediente orixinado a información pública, que pode ser examinado na secretaría deste concello: Servicio de Urbanismo, nun prazo de vinte días hábiles que comezarán a contarse desde o seguinte ó da insercción deste edicto no

Diario Oficial de Galicia, podendo no citado período presentar, contra él, as alegacións que estimen pertinentes.

Bergondo, 4 de novembro de 2002.

José Fernández Ramos

Alcalde-presidente