Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2002 Páx. 16.154

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 8 de outubro de 2002, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas os prazos de ingreso en período voluntario e executivo por servicios sanitarios prestados neste centro.

Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que se insire a seguir,

non puideron ser atopados nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro ou que se alegaron distintas causas para non recibiren as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresa-lo importe da débeda na conta bancaria 0046/0095/60/0000035500 do Banco Galego, nos prazos sinalados no artigo 20 do Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación (RXR).

Se se realiza o ingreso unha vez transcorridos os prazos establecidos no dito artigo 20 do RXR, esixiranse os correspondentes xuros de demora (artigo 21 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia).

Transcorridos seis meses desde a finalización sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderán interpoñer, no prazo de quince días desde o seguinte a esta notificación, recurso de reposición perante o órgano emisor ou reclamación económico-administrativa perante o Tribunal Economico-Administrativo da Comunidade Autónoma.

Para que conste e sirva de notificación ó interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula

Ferrol, 8 de outubro de 2002.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario

Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos

de Ferrol

Suxeito pasivoDNI/NIF ConceptoPeríodoDébeda

Simon Mevin005622550Asistencia sanitaria26-9-2001/26-9-2001223,37

Thomas Bevan016688769Asistencia sanitaria30-9-2001/30-9-2001223,37

José Antonio Vilaboy Rivera32651443Asistencia sanitaria30-3-2002/31-3-2002456,50

Juan Pedro Gil Hidalgo71888538Asistencia sanitaria20-2-2002/20-2-2002223,37