Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2002 Páx. 16.153

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVICIOS HIDRÁULICOS

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2002 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a adxudicación do contrato de execución das obras do proxecto de clave OH.215.537.

A) Obra.

Título: abastecemento de auga á zona de Esteiro (Concello de Muros).

Clave: OH.215.537.

Orzamento: un millón noventa e un mil catrocentos noventa e dous euros e oitenta e seis céntimos (1.091.492,86 A).

Prazo de execución: dezaoito (18) meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d).

Garantía provisional: non se esixe.

(Declarada urxente consonte o establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e o proxecto estarán de manifesto e ó dispor dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na empresa pública de Obras e Servicios Hidráulicos, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, (rúa Doutor Maceira Nº18, Santiago de Compostela. Teléfonos 981 56 09 10-981 56 09 11, Fax 981 56 07 91).

Así mesmo, tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http:/www.xunta.es/contratación, e en Copy Estudio (rúa Nova de Abaixo nº 19-21, Santiago de Compostela. Teléfono 981 59 33 85).

C) Garantías que se esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no punto A) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 35 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño), e unha garantía definitiva equivalente ó catro por cento (4%) do orzamento de contrata.

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar de presentación das proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro).

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos.

G) Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica na cláusula 2.26.-Constitución e funcionamento da mesa de contratación, do prego de cláusulas administrativas particulares.

H) Variantes.

Segundo o especificado no epígrafe F do cadro de características do contrato.

I) Documentos que deberán presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2002.

Juan Ignacio Niño Taboada

Presidente da Empresa Pública de Obras e

Servicios Hidráulicos