Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2002 Páx. 16.152

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para proceder á contratación con carácter de contrato administrativo especial dos servicios de cafetería e perruquería en centros dependentes desta delegación provincial.

De conformidade co establecido na Orde do 19 de decembro de 2001, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Asuntos Sociais.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso público por procedemento aberto e trámite de urxencia para proceder á contratación con carácter de contrato administrativo especial dos servicios de cafetería, e perruquería en centros dependentes desta delegación provincial.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Delegación Provincial de Asuntos Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica

c) Nº de expediente: cafeterías: 32/2002, perruquerías: 33/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicios de cafetería e perruquería.

b) Número de servicios e lugar en que están situados:

* Servicio de cafetería:

Centro Social de Baiona, sito en Bª Anunciada-Baiona.

Centro Social de Coia, sito en r/ Cangas, 5 de Vigo.

Centro Social de Tui, sito en r/ Estra. Gondomar s/n, Tui.

Residencia de Maiores de Marín, sito en Ezequiel Massoni, 9, Marín.

Residencia de Maiores Válidos-O Meixoeiro-Vigo.

Residencia de Maiores Asistida-Monte Arieiro-Vigo.

Casa do Mar de Vilagarcía-Avda. da Mariña, 23.

Casa do Mar de Baiona-Alférez Barreiro, s/n.

* Servicio de perruquería:

Perruquería donas e cabaleiros Centro Social de O Porriño sito en r/ Pio XII s/n.

Perruquería de donas e cabaleiros Centro Social de Vilagarcía sito en r/ Rosalía de Castro, 24.

Perruquería de cabaleiros do Fogar do Maior de Pontevedra, sito na Alameda, 6.

Perruquería de donas do Fogar do Maior de Redondela, sito no Paseo da Xunqueira, 25.

c) Prazo de execución: 1 ano, prorrogable por períodos anuais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: procedemento aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: o canon mínimo de explotación.

Servicio de cafetería: 60 A anuais.

Servicio de perruquería: 60 A anuais.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial de Asuntos Sociais de Pontevedra en Vigo, Concepción Arenal, 8-2ª planta, 36207 Vigo. Teléfono: 986 81 76 31 e 986 81 76 33.

b) Fax: 986 81 72 01.

c) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas. Tódolos días laborais excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: solvencia económica, financeira e técnica. Os licitadores acreditarana en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: no prazo de 8 días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. No caso de que o devandito día coincida en domingo ou festivo, a data límite será o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que cómpre presentar: a indicada no punto 4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro da Delegación Provincial de Asuntos Sociais en Concepción Arenal, 8 de Vigo código postal 36201. Tamén poden enviarse por correo na forma prevista no artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial de Asuntos Sociais de Pontevedra.

b) Enderezo: Concepción Arenal, 8-2º planta, 36201 Vigo.

c) Data: décimo día natural seguinte ó do final do prazo de presentación de propostas. No caso de que o devandito día coincida en domingo ou festivo, celebrarase o primeiro día hábil seguinte.

d) Hora: 9 horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 11 de novembro de 2002.

Lucía Molares Pérez

Delegada provincial de Pontevedra