Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2002 Páx. 16.155

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 24 de outubro de 2002, adoptou o seguinte acordo:

Someter a información pública o Plan Especial de Reforma Interior da unidade de actuación nº 28 das previstas nas normas subsidiarias de planeamento municipal, promovido polo Concello de Cangas, polo período dun mes inserindo para tal efecto o anuncio no DOG e nun dos diarios de maior circulación da provincia, para os efectos de que os interesados presenten as alegacións que estimen

convenientes, servindo o presente anuncio de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou por se ignora-lo seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.

Cangas, 31 de outubro de 2002.

José E. Sotelo Villar

Alcalde