Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2002 Páx. 16.141

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (172/2000).

Eu, Gonzalo Cabaleiro de Saa, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas 172/2000 se dictou auto que literalmente di:

«Auto.

En Santiago de Compostela o vintedous de outubro de dous mil dous.

Feitos.

Que con data do dezaoito de xullo pasado se dictou neste procedemento sentencia, que consta unida ós autos, aínda que por escrito, con data do 12 de setembro pasado, presentado por José Manuel González Laíño, se solicita a declaración da dita sentencia por se ter detectado nela un erro material consistente en:

1. Engadirlle á resolución, ademais das sumas recoñecidas a favor do denunciante por días de incapacidade e secuelas, a suma total de 702,12 euros que corresponden ós danos do ciclomotor, que foron acreditados.

2. O nome do denunciante é José Manuel e non José María, como se recolle na sentencia.

Razoamentos xurídicos.

Que de conformidade co prevido no artigo 267.2º da LOPX, é procedente, en calquera momento, a rectificación de erros materiais ou aritméticos, polo que é procedente aclara-la sentencia dictada nestas actuacións e levar a cabo as aclaracións que constan nos feitos desta resolución.

Parte dispositiva.

Que debo aclarar e aclaro a sentencia dictada neste procedemento con data do 18 de xullo de 2002, no sentido de:

1. Engadirlle á resolución, ademais das sumas recoñecidas a favor do denunciante por días de incapacidade e secuelas, a suma total de 702,12 euros que corresponden ós danos do ciclomotor, que foron acreditados.

2. O nome do denunciante é José Manuel e non José María, como se recolle na sentencia.

Póñase esta resolución en coñecemento do Ministerio Fiscal e demais partes comparecentes, prevíndoas de que contra ela poderán interpor, ante este xulgado, recurso de reforma no prazo de tres días.

Así o acorda, manda e asina Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela e o seu partido. Dou fe».

E para que conste e lles sirva de notificación de sentencia ó denunciado, A'kos Spiegel, e á responsable civil subsidiaria, Sovial. Sociedade de Viaturas de Aluguer Ltda., actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o vintedous de outubro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado