Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2002 Páx. 16.141

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (358/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 358/2002 seguidos por instancia de Raquel Lavandeira Tejada, contra Proxesba Sistemas de Seguridad S.L. e Fogasa, sobre reclamación de cantidades, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 8-10-2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda presentada por Raquel Lavandeira Tejada, debo declarar e declaro o dereito da demandante a percibi-la cantidade de 1.281,30 euros polos conceptos que se expresan no feito pro

bado segundo desta resolución e, nese sentido, debo condenar e condeno á empresa Proxesba Sistemas de Seguridad S.L. a que, estando e pasando por tal declaración lle aboe á demandante a cantidade de 1.281,30 euros en concepto de salarios e liquidación.

E debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta sentencia ás partes, facéndolles saber que en contra dela non poden presentar recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mandoo e asino».

E para que lle sirva de notificación á Proxesba Sistemas de Seguridad S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido na avda. Fisterra, 71 Carballo, 15100 A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, o 8 de outubro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado