Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2002 Páx. 16.142

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (837/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 837/2001, por instancia de Ramón Agrafojo Caamaño contra as empresas Pesquera Malpica, S.L., Nordeste, S.A., o Instituto Nacional da Seguridade Social, o Instituto Social da Mariña, a Tesourería Xeral da Seguridade Social e José Manuel Pose García, sobre accidente de enfermidade, nos que recaeu sentencia con data 10-10-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que, desestimando a demanda deducida por Ramón Agrafojo Caamaño contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e o Instituto Social da Mariña, as empresas Pesquera Malpica, S.L. e Nordeste, S.A. e José Manuel Pose García, debo absolver e absolvo a parte demandada de tódolos pedimentos contidos naquela.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación

e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Pesquera Malpica, S.L. e Nordeste, S.A. e José Manuel Pose García, expido e asino esta cédula na Coruña o 16 de outubro de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado