Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2002 Páx. 16.142

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (169/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 169/2002, por instancia de José Manuel Bouza Gómez contra Instalación Eléctrica Carlos Núñez, S.L. sobre cantidades, nos que recaeu sentencia en data 10-10-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que, estimando a demanda promovida por José Manuel Bouza Gómez contra a empresa Instalación Eléctrica Carlos Núñez, S.L., debo condenar e condeno a demandada a que lle abone ó demandante a cantidade de 4.298,17 euros por tódolos conceptos reclamados en demanda.

Así, por esta miña sentencia, contra a que poderá recorrerse en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba ante este xulgado do social o xustificante de ter depositado no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número 5605, clave 60, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálicos polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse conta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia, débese consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo de interpoñe-lo recurso,

declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa Instalación Eléctrica Carlos Núñez, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, o 18 de outubro de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado