Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2002 Páx. 16.143

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (402/1999 bis).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 402/1999 bis, por instancia de Marcos Canosa Buiturón contra a mutua La Fraternidad, a empresa Valentín Rodríguez Hernández, o Servicio Galego de Saúde, a Tesourería Xeral da Seguridade Social e o Instituto Nacional da Seguridade Social, sobre prestacións, nos que recaeu sentencia en data que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que, estimando a demanda interposta por Marcos Canosa Buiturón contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a mutua La Fraternidad, a empresa Valentín Rodríguez Hernández, o Servicio Galego de Saúde e a Tesourería Xeral da Seguridade Social, debo declarar e declaro que o demandante se encontra na situación constitutiva de invalidez permanente no grao de total para a súa profesión habitual de camareiro por enfermidade común, con dereito a pensión vitalicia na contía inicial do 55% da base reguladora de 638 euros (106.154 pesetas) ó mes, 14 veces ó ano. Condeno a parte demandada a lla aboar cos aumentos, melloras, revalorizacións e efectos económicos correspondentes.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Valentín Rodríguez Hernández, expido e asino esta cédula na Coruña o 22 de outubro de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado