Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2002 Páx. 16.143

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (217/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 217/2002, a instancia de José Luis Díaz Rodríguez e outros contra a empresa Puertas y Complementos Garfer, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 10-10-2002 que, copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido que, estimando a demanda promovida por José Luis Díaz Rodríguez, Manuel Antonio Reboredo

Fraga, Jesús Gómez Brandariz, Aurelio Bermúdez Lata, Ricardo Liste Becerra, José Souto Mesías e Santiago Mosquera Souto, contra a empresa Puertas y Complementos Gafer, S.L. debo condenar e condeno a demandada a que lles aboe ós demandantes, por tódolos conceptos reclamados en demanda, as cantidades seguintes: a José Luis Díaz Rodríguez, 4.011,69 A; a Manuel Antonio Reboredo Fraga, 3.863,35 A; a Jesús Gómez Brandariz, 4.011,69 A; a Aurelio Bermúdez Lata, 3.939,29 A; a Ricardo Liste Becerra, 3.939,29 A; a José Souto Mesías, 4.011,69 A; e a Santiago Mosquera Souto 3.863,35 A.

Así, por esta miña sentencia, contra a que poderá recorrerse en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte a da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba diante deste Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco de Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número 5605, clave 60, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Débense consignar, ademais a cantidad de 25.000 pesetas na mesma conta, clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo de interpoñe-

lo recurso, declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación e empresa Puertas y Complementos Garfer, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, o 22 de outubro de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado