Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2002 Páx. 16.140

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (111/2001).

Eu, César Orgeira Maceiras, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas 111/2001 se dictou a seguinte cédula de citación:

O/A xuíz/a do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos acordou citar

a vostede co fin de que o vindeiro día tres de decembro, ás dez horas e quince minutos, asista na sala de vistas á realización do xuízo de faltas arriba indicado, seguido por lesións, en calidade de denunciado.

Fáiselle saber que deberá comparecer ó acto de xuízo con tódolos medios de proba de que intente valerse (testemuñas, documentos, peritos...) e que poderá acudir asistido de letrado, aínda que este non é preceptivo.

Apercíbeselle que de residir neste termo municipal e non comparecer nin alegar xusta causa que llo impida, se lle poderá impoñer unha multa e recaerá sobre el o prexuízo ó que houber lugar en dereito e que, no caso de residir fóra deste termo, poderá dirixir escrito a este xulgado na súa defensa e apoderar outra persoa para que presente no dito acto as probas de descargo que tiver, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal.

E para que conste e lles sirva de citación a Alejandro Rodríguez Alfonso e Bernardo Fernández Silva, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Betanzos o quince de outubro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA