Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2002 Páx. 16.140

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN TERCEIRA)

EDICTO (1166/1998).

Carmen Diéguez Camarón, secretaria da Sección Terceira da Audiencia Provincial da Coruña, certifico que no presente recurso número 1166/1998 se dictou a sentencia, que ten como encabezamento e parte dispositiva o teor literal seguinte:

A Sección Terceira da Audiencia Provincial da Coruña, constituída polo presidente Juan Ángel Rodríguez Cardama e os maxistrados Juan Luís Pía Iglesias e Agustín Pedro Lobejón Martínez, pronunciou en nome de El-Rei a seguinte sentencia:

«Na Coruña, o vintecatro de marzo de mil novecentos noventa e nove.

Vistos pola Sección Terceira desta audiencia provincial, constituída polos señores que á marxe se expresan, os autos de retracto número 7797 que ante esta penden en grao de apelación, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Betanzos, nos que é parte demandante-apelante Teresa Pombo Garrido, representada polo procurador Sr. Bejerano Fernández, e sendo partes demandada-apelada Francisco Allegue Fernández, representado pola procuradora Sra. Graíño Ordóñez e defendido polo letrado Sr. Rodríguez Orta; e en situación procesual de rebeldía Irene Olga Regueira Vázquez, herdeiros de Ramón Vázquez Barro, Engracia Soler Durán, Agustín Vázquez Soler e herdeiros ou legatarios descoñecidos e incertos .... Decidimos que desestimando o recurso de apelación interposto por Teresa Pombo Garrido contra a sentencia dictada polo Xulgado de ...».

E para que conste e se publique no DOG e sirva de notificación, expídese e asínase este edicto.

Na Coruña, oito de outubro de dous mil dous.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE

BETANZOS