Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 15 de novembro de 2002 Páx. 16.028

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE RIBEIRA

EDICTO (183/2002).

Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ribeira, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 183/2002 recaeu sentencia con encabezamento e parte dispositiva que din:

«Sentencia. En Ribeira o seis de xullo de dous mil dous. Vistos por min, Beatriz Martínez Vega, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ribeira e o seu partido, os precedentes autos de xuízo de faltas nº 183/2002, por falta de malos tratos contra Javier Puertas Villar, titular do DNI nº 33272951; sendo denunciante Mª Inés Carreño Mayán, titular do DNI nº 52932465, asistida polo letrado Ramón Siaba; e intervindo como parte acusadora o Ministerio Fiscal. Decido que en atención ó exposto, debo condenar e condeno a Javier Puertas Villar como autor criminalmente responsable da falta de lesións no ámbito familiar e da falta de ameazas, xa definidas, sen que concorran circunstancias modificativas da responsabilidade á pena de dous meses multa cunha cota diaria de tres euros e á pena de vinte días multa coa cota diaria de tres euros, con arresto substitutorio para o suposto

de non pagamento de dúas cotas diarias; condénase, así mesmo, ó pagamento das custas procesuais causadas no presente xuízo, a que lle aboe a Mª Inés Carreño Villar a cantidade de novecentos un euros con cincuenta e dous céntimos (901,52 euros), en concepto de indemnización polos días que tardou en curar das feridas, e mil cincocentos dous euros con cincuenta e tres euros (1.502,53 euros), polas secuelas de carácter moral que lle provocou; cantidades que se incrementarán, desde a data desta resolución e ata o seu completo pagamento, nos xuros do artigo 921 da Lei de axuizamento civil. Impónselle a Javier Puertas Villar a medida de afastamento e non comunicación por calquera medio verbal, escrito ou telefónico con respecto a Mª Inés Carreño Mayán, por tempo indefinido. Debo absolver e absolvo a Javier Puertas Villar da falta de inxurias da que foi acusado pola acusación particular.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a súa notificación, mediante escrito que deberá presentarse ante este xulgado, e no que redactado de acordo co disposto no artigo 795 da Lei de axuizamento criminal, se exporán as alegacións nas que se basee a impugnación.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación a Javier Puertas Villar, actualmente en paradoiro descoñecido e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Ribeira o dezasete de outubro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado