Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 15 de novembro de 2002 Páx. 16.028

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (347/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 347/2002 seguidos por instancia de Ramón Deber Méndez, contra Constructora Exporvey, S.L., e outros sobre reclamación de cantidades, a maxistrada deste xulgado, Isabel Olmos Parese, dictou sentencia, con data do 8 de outubro de 2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda presentada por Ramón Deber Méndez, debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibi-la cantidade de 2.363,30 euros polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e, nese sentido, debo condenar e condeno a empresa Constructora Exporvey, S.L., a que, estando e pasando por tal declaración, lle aboe ó demandante a cantidade de

2.363,30 euros en concepto de salarios e liquidación, dos cales de 1.708,39 euros deberá responder solidariamente coa anterior a empresa principal OHSA.

E debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que, contra esta resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días, contado a partir de notificación desta sentencia, por comparecencia, ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designando o letrado que deberá interpoñelo, de ser posible o anuncio por mera manifestación daquela ó ser notificada, e que será resolto, no seu caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá asemade acreditar, ó anuncia-lo recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado aberta no Banco de Bilbao Vizcaya, conta nº 5602-60, podendo subtituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito nun impreso separado do importe da

condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asinoo».

E para que lle sirva de notificación a Constructora Exporvey, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido na r/ Agra da Bregua, 22, baixo. 15010 A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 8 de outubre de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado