Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 15 de novembro de 2002 Páx. 16.029

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2002, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación das obras de construcción dun edificio institucional en San Lázaro, Santiago de Compostela.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que

se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de obras:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

c) Nº de expediente: 22/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: obras.

b) Descrición do obxecto: contratación das obras de construcción dun edificio institucional en San Lázaro, Santiago de Compostela.

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 126, do 2 de xullo de 2002. BOE nº 159, do 4 de xullo de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: once millóns catrocentos noventa e un mil setecentos corenta e oito euros e cincuenta e dous céntimos, IVE incluído (11.491.748,52 euros), distribuído nas seguintes anualidades:

2002: 1.326.943,61A.

2003: 7.691.962,02 A.

2004: 2.472.842,89 A.

5. Adxudicación.

a) Data: 14 de outubro de 2002.

b) Contratista: Necso Entrecanales Cubiertas, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: nove millóns setecentos trinta e un mil douscentos doce euros e sesenta e cinco céntimos, IVE incluído (9.731.212,65 euros), distribuído nas seguintes anualidades:

2002: 1.123.655,85 A.

2003: 6.513.553,44 A.

2004: 2.094.006,36 A.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2002.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda