Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 15 de novembro de 2002 Páx. 16.030

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 21 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se relaciona resolución de expediente de derivación de responsabilidade pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Álvaro Julio Gil Ramos).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase resolución de expediente de deriviación de responsabilidade pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o Servicio Central de Recadación da Dirección Xeral de Tributos, con enderezo en San Caetano nº 3, soto, en horario das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2002.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos

ANEXO

Suxeito pasivo: Laura Cedrón Puente.

NIF: 36133309-X.

Obrigado ó pagamento: Álvaro Julio Gil Ramos.

NIF: 33753610-Y.

Importe: 408,37A.

Zona de recadación: Lugo.