Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 15 de novembro de 2002 Páx. 16.027

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2002, da División de Recursos Humanos, pola que se publican as listaxes definitivas de aspirantes admitidos e excluídos para participar no proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de diversas categorías de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.

Por Resolución deste centro directivo do 12 de setembro de 2002 (DOG nº 184, do 24 de setembro), decláranse con carácter provisional os aspirantes admitidos e excluídos para participar no proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de diversas categorías de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.

Rematado o prazo previsto para emendar, se fora o caso, o defecto que motivou a exclusión dos aspirantes, procede agora, de conformidade co disposto no punto 4 da base quinta da convocatoria, dictar resolución na que se publican as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos para cada unha das categorías convocadas sinalando os lugares onde estas poden ser examinadas.

Por todo isto, esta división,

ACORDA:

Primeiro.-Publica-las listaxes definitivas de aspirantes admitidos e excluídos para participar no proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde convocado polas diversas ordes da Consellería de Sanidade do 20 de maio de 2002 (DOG nº 105, do 3 de xuño).

Segundo.-As listaxes coa relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos poderán examinarse nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servicio Galego de Saúde, nos dos centros de xestión de atención primaria e especializada do Servicio Galego de Saúde e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

Terceiro.-A base primeira das diferentes ordes de convocatoria contén unha reserva formal do 3% do total das prazas ofertadas para a quenda de discapacitados. Non obstante, esta porcentaxe non terá

reflexo material naquelas categorías nas que pola aplicación da porcentaxe sobre o número total de prazas ofertadas supoña un resultado inferior a 0,5.

Polo tanto, os aspirantes que optaron pola quenda de discapacitados nas seguintes categorías, constan na listaxe de admitidos na quenda de acceso libre e participarán desde tal quenda de acceso, agás que manifesten a súa renuncia, no prazo de quince días naturais, coa oportuna devolución dos dereitos de exame, de se-lo caso: técnico superior en bioloxía, técnico superior en organización e administración sanitaria, enxeñeiro superior, bibliotecario, enxeñeiro técnico, técnico de grao medio en organización e administración sanitaria, azafata de relacións públicas, controlador de suministracións, técnico ortopédico, conductor, fotógrafo, monitor, perruqueiro, albanel, fontaneiro, pintor, xardiñeiro, peón, gobernanta, costureira, terapeuta ocupacional, técnico especialista en radioterapia.

Cuarto.-Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos punto 3 da base vixésimo primeira da convocatoria.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2002.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES

DE RIBEIRA