Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 15 de novembro de 2002 Páx. 16.027

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2002, da División de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter provisional, os aspirantes admitidos e excluídos para participar no proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de diversas categorías de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.

Os puntos 1 e 2 da base quinta das diversas ordes da Consellería de Sanidade do 29 de xullo de 2002 (DOG nº 168, do 2 de setembro) polas que se convoca proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde, prevén que, unha vez expirado o prazo de presentación de instancias, esta división dicte unha resolución declarando con carácter provisional os aspirantes admitidos e excluídos, co motivo da exclusión, así como a súa publicación.

Por todo isto, esta división

ACORDA:

Primeiro.-Declarar, con carácter provisional, os aspirantes admitidos e excluídos para participar no proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde, convocado polas diversas ordes da Consellería de Sanidade do 29 de xullo de 2002 (DOG nº 168, do 2 de setembro).

Segundo.-As listaxes coa relación de aspirantes admitidos e excluídos poderán examinarse nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servicio Galego de Saúde, nos dos centros de xestión de atención primaria e especializada do Servicio Galego de Saúde e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

Terceiro.-A base primeira das diferentes ordes de convocatoria contén unha reserva formal do 3% do total das prazas ofertadas para a quenda de discapacitados. Non obstante, esta porcentaxe non terá reflexo material naquelas categorías nas que pola aplicación da porcentaxe sobre o número total de prazas ofertadas supoña un resultado inferior a 0,5.

Polo tanto, os aspirantes que optaron pola quenda de discapacitados nas seguintes categorías constan na listaxe de admitidos na quenda de acceso libre, e participarán desde tal quenda de acceso, agás que manifesten a súa renuncia, no prazo de quince días naturais, coa oportuna devolución dos dereitos de exame, de se-lo caso: hixienista dental, matrona, técnico especialista de anatomía patolóxica e traballador social.

Cuarto.-Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de quince días naturais, contados a partir do día

seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar, se é o caso, o defecto que motivou a súa exclusión.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2002.

Valeriano Martínez García

Director xeral da Division de Recursos Humanos