Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 15 de novembro de 2002 Páx. 16.026

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2002 pola que se lle dá cumprimento ó acordo da comisión de goberno deste consello, do 24 de outubro de 2002, polo que se resolve definitivamente a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes no Consello de Contas de Galicia.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de cinco postos de traballo vacantes no Con

sello de Contas de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 106, do 4 de xuño de 2002, e xa resolta parcialmente no referente ás tres prazas de técnico de auditoría, segundo o establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, en uso das atribucións conferidas polo artigo 8 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, e de conformidade co acordo da comisión de goberno de data do 23 de maio deste ano,

RESOLVO:

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica, ó funcionario que se expresa no anexo desta resolución, seleccionados/as conforme o establecido nas bases da convocatoria e declarar deserta a outra praza de auditor ó abeiro do disposto na cláusula sétima das normas que regulan a convocatoria.

Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario producirase no prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ó da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de toma de posesión da praza adxudicada comezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, e será de tres días se o destino anterior está en Santiago de Compostela ou dun mes se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo, conforme o establecido no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

O cómputo do prazo posesorio iniciarase cando rematen os permisos ou licencias que, se é o caso, estivese desfrutando o interesado.

Nos supostos de baixa temporal ou transitoria o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro.-A toma de posesión realizada dentro do prazo referido dilixenciarase e tramitarase conforme as disposicións que regulan a materia.

Cuarto.-Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o Pleno do Consello de Contas de Galicia no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, sen prexuízo de que o interesado poida exercitar, se é o caso, calquera outro que estime procedente.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2002.

Luciano Fariña Busto

Conselleiro maior

ANEXO

NRP/DNI: 3283104524 A3014.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Murado Codesal, Ángel David.

Posto de traballo: auditor.

Nivel: 28.

Localidade: Santiago de Compostela.