Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 15 de novembro de 2002 Páx. 16.026

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2002, do tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de arquivos, bibliotecas e museos convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 199, do 15 de outubro), pola que se ordena a publicación do acordo adoptado na sesión celebrada o día 11 de novembro, relativo á data, á hora e ó lugar de realización do cuarto exercicio do devandito proceso selectivo.

En sesión realizada o día 11 de novembro de 2002 polo tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de arquivos, bibliotecas e museos convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001, acordouse, de conformidade co establecido nas bases da convocatoria que o cuarto exercicio da fase de oposición se realizará nas seguintes datas:

* Especialidade de arquivos: día 25 de novembro de 2002, ás 9 horas, na aula 8 da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa de Madrid, 2-4 en Santiago de Compostela.

* Especialidade de museos: día 25 de novembro de 2002, ás 15.30 horas, na aula 8 da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa de Madrid,2-4 en Santiago de Compostela.

* Especialidade de bibliotecas: día 26 de novembro de 2002, ás 9 horas no seminario B da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa de Madrid, 2-4 en Santiago de Compostela.

Para a realización deste exercicio poderán servirse os opositores de textos legais sen comentarios, excluíndose os libros de consulta.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ó xuízo do tribunal.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2002.

Javier Senín Fernández

Presidente do tribunal