Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 12 de novembro de 2002 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

(523/1999). 15.867

CÉDULA de notificación de sentencia (213/2002).

Eu, Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado s seguen autos número 213/2002 por instancia de Edison Fabricio Alarcón Hermida e outros contra Promogas 2010, S.L. e outros sobre despido, nos que recaeu sentencia en data que copiada nos particulares necesarios di así:

Fallo que estimando a demanda promovida por Edison Fabricio Alarcón Hermida, Fernando Javier Medina Sol e Franklin Rubén Martínez Barreiro, contra as empresas Promogas 2010, S.L., Tindigas, S.L., Diz Gas 40, S.L. e Agustín Pardiñas Blanco debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ós actores na data 15-2-2002, condenando as demandadas Promogas 2010, S.L., Tindigas, S.L. e Diz Gas 40, S.L. a que no prazo do cinco días a contar desde a notificación desta resolución, opte entre a readmisión dos traballadores nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento ou aboamento da cantidade de 2.576,13 euros no concepto de indemnización a Edison Fabricio Alarcón Hermida, 2.053,99 euros a Fernando Javier Medina Sol e 1.735,86 euros a Franklin Rubén Martínez e ó aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a data desta resolución que ascenden á suma de 5.889,94 euros para cada un dos demandantes, absolvendo a Agustín Pardiñas

Blanco de tódolos pedimentos contidos naquela.

Así por esta miña sentencia contra a que se podrá recorrer en suplicación perante a Sala do Social del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de interpoñerlo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba perante este xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado número identificador 5.605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en

metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsibilidade solidaria do avalista; sen este requisito non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a setencia. Deberá consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta coa clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo de interpoñe-lo recurso declarándose este desistido de no constituírse o dito depósito na forma indicada; definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínooo.

Así por esta miña sentencia do que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgado o pronuncio, mando e asino.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Tindigas, S.L. e Agustín Pardiñas Blanco expido e asino a presente cédula na Coruña o quince de outubro de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado