Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 12 de novembro de 2002 Páx. 15.868

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (266/2001).

Eu, Camilo José García Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous dos de Santiago de Compostela,

Fago saber que neste xulgado do social se segue procedemento nº 266/2001, por instancia de Pablo Pérez Magariños, contra Udecamp Galicia, S.L., Fogasa, Natividad Lemetre Roca, sobre cantidade, suspendeuse o acto de conciliación e xuízo sinalado para o día 9 de outubro de 2002 e sinalouse novamente para o vindeiro día 8 de xaneiro de 2003 ás 9.50 horas, cítase en única convocatoria a empresa Udecamp Galicia, S.L., en paradoiro ignorado, para que xunto con tódolos medios de proba de que tente valerse, compareza perante este xulgado na rúa Viena, polígono das Fontiñas, co fin de asistir á celebración do acto de conciliación e xuízo correspondente. Advírteselle que as sucesivas dilixencias se lle notificarán nos estrados deste xulgado, agás aquelas que expresamente exceptúa a Lei de procedemento laboral e fáiselle saber que a copia da demanda está ó seu dispor na secretaría deste xulgado.

E para que conste e sirva de notificación e citación a Udecamp Galicia, S.L., expídese este edicto en Santiago de Compostela o 10 de outubro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA