Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 12 de novembro de 2002 Páx. 15.868

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2002, da Seretaría Xeral para o Deporte, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0001093/2002 IN, interposto por Francisco Vilariño Louzao e outros, contra a resolución do Comité Galego de Xustiza Deportiva, do 5 de xullo de 2002, sobre acordo de expulsión de socios adoptado polo Coto de Caza de O Saviñao.

Recibida na Secretaría Xeral para o Deporte a providencia da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo 01/0001093/2002 IN, interposto por Francisco Vilariño Louzao e outros contra resolución do Comité Galego de Xustiza Deportiva, do 5 de xullo de 2002, sobre acordo de expulsión de socios adoptado polo Coto de Caza de O Saviñao.

En consecuencia, a Secretaría Xeral para o Deporte acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei de 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2002.

P.D. (Orde 11-1-2002)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte