Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 12 de novembro de 2002 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (523/1999).

Eu, Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 523/1999 por instancia de Eva María López Carbacho contra Mutua Gallega e outros, sobre accidente, nos que recaeu sentencia en data 19-9-2002, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Fallo que estimando a demanda promovida Eva María López Corbacho, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Mutua Galega de Accidentes de Traballo, a Tesourería Xeral da Seguridade Social e a empresa Limpiezas La Guía, S.L. debo declarar e declaro que a base reguladora da prestación de incapacidade temporal ascende á suma de 468,79 euros (78.000 pesetas) condenando as demandadas a estar e pasar pola anterior declaración e á Mutua Galega de Accidentes de Traballo demandada a que anticipe á demandante o pagamento da cantidade de 541,21 euros (90.050 pesetas) en concepto de prestación de incapacidad temporal polo período 17-9-1996 a 22-8-1997, e á empresa codemandada a que constitúa na Tesourería Xeral da Seguridade Social o capital custe de renda necesario para facer fronte á dita diferencia de cotización.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Así por esta miña sentencia do que se unirá certificación ós autos orixinais, para a súa notificación e cumprimento, xulgado pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Limpiezas la Guía, S.L. expido e asino a presente cédula na Coruña o quince de octubre de dous mil dous.

A secretaria xudicial

Rubricado