Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 06 de novembro de 2002 Páx. 15.614

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) para a pormenorización do artigo 115 (áreas de servicio).

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, en sesión do 26 de xullo de 2002, aprobou definitivamente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) para a pormenorización do artigo 115 (áreas de servicio), redactada polos servicios técnicos municipais.

A modificación afecta unicamente á regulación das áreas de servicio que se conteñen no epígrafe 6º do artigo 115 do PXOU, e que agora pasa a incluírse nun novo parágrafo 7º co contido que de seguido se transcribe:

«7. Áreas de servicio.

Nos terreos contiguos ás vías, delimitados en planos de ordenación coa cualificación de áreas de servicio, de titularidade pública ou privada, poderán autorizarse, logo de informe da Administración titular da vía, cunha edificabilidade máxima de 0,3 m/m, estacións de subministración de carburantes ou gasolineiras, así como servicios complementarios de bar, cafetería e restauración. Estas actividades deberán estar dotadas de aparcadoiro na proporción mínima dunha praza por cada vintecinco (25) m construídos.

Para os efectos do esixido polo artigo 10 f) da Lei do solo de Galicia, indícase de seguido o carácter público ou privado das áreas de servicio previstas no PXOU:

A Rocha: pública.

Meixonfrío: pública.

San Lázaro: pública.

San Caetano: privada».

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Pleno do concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

De conformidade co previsto no artigo 107.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a normativa urbanística ou ordenanzas reguladoras só poderán impugnarse directamente perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2002.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo