Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 06 de novembro de 2002 Páx. 15.614

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO de contratación.

O Pleno do Concello de Viveiro, en sesión que tivo lugar o día 27 de setembro do ano que andamos, aprobou o expediente de contratación da xestión do servicio que de seguido se relaciona:

1. Obxecto do contrato. Xestión do Punto Limpo, no termo municipal de Viveiro.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

3. Orzamento base de licitación. Setenta e nove mil catrocentos noventa e oito euros con sesenta e sete céntimos (79.498,67 A), IVE incluído, para aboar anualmente polo concello ó adxudicatario.

4. Garantías.

a) Provisional: mil cincocentos oitenta e nove euros con noventa e oito céntimos (1.589.98 A).

b) Definitiva: tres mil cento setenta e nove euros con noventa e cinco céntimos (3.179.95 A).

5. Obtención de documentación. O prego de prescricións técnicas e o prego de cláusulas administrativas estarán á disposición de tódolos interesados no Negociado de Urbanismo e Contratación, sito nos Claustros de San Francisco, avda. de Cervantes, s/n, en horario de 8 a 15 horas.

6. Prazo de presentación das proposicións. 15 días naturais seguintes á publicación do anuncio no últi

mo dos boletíns oficiais (DOG e BOP). No caso de que o día décimo terceiro coincida en sábado, domingo ou festivo, entenderase o prazo prorrogado ata o día laborable seguinte.

7. Gastos de publicidade. Serán pola conta do adxudicatario.

8. Máis información. Teléfono: 982 56 20 47, en horario de 8 a 15. Fax: 982 56 31 56. Correo electrónico: viveiro*fegamp.es.

Viveiro, 8 de outubro de 2002.

Justo Vázquez Chao

Alcalde acctal.