Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 06 de novembro de 2002 Páx. 15.614

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADUMIA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Ribadumia, en sesión extraordinaria que tivo lugar o 15-10-2002, acordou prestar aprobación inicial ás modificacións puntuais nº 1, 2 e 3 do Plan Xeral de Ordenación Municipal, aprobado con data do 13-3-2001, o que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 50.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, en concordancia co establecido no seu artigo 42; sométense as ditas modificacións a información pública durante o prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Ribadumia, 22 de outubro de 2002.

Mª Salomé Peña Muñiz

Alcaldesa