Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 06 de novembro de 2002 Páx. 15.613

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual do PXOU na unidade de actuación número 16 do PXOU, Cuartel de Artillería de Campolongo, para a regulación urbanística do seu ámbito, en execución de convenio urbanístico interadministrativo.

O Pleno da Corporación, na sesión do vinteoito de setembro de dous mil dous, prestou aprobación definitiva ó texto refundido do proxecto de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana no ámbito da súa unidade de actuación nº 16 Cuartel de Campolongo, tendente á nova regulación urbanística asistemática do seu ámbito, en execución do convenio urbanístico subscrito pola Xunta de

Galicia, Xerencia de Infraestructura e Equipamento da Defensa e Concello de Pontevedra, sendo o proxecto formulado por esta Administración municipal e redactado polo arquitecto xefe da Oficina Técnica Municipal de Planeamento e Xestión con data do 18-6-2002, desestimándose as alegacións formuladas, con base no expresado no expositivo do presente anuncio, dispoñéndose proceder ó cumprimento e á execución das restantes estipulacións do convenio urbanístico subscrito, unha vez que entre en vigor a presente modificación puntual do instrumento urbanístico de ordenación integral do municipio, séndolle de aplicación ó proxecto de urbanización do ámbito que se vai tramitar as determinacións dos informes emitidos pola Unidade de Estradas en Pontevedra da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia con data 26-2-2002 e 22-4-2002 e na normativa sectorial de aplicación.

Así mesmo, dispúxose publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia con comunicación ás administracións públicas, entidades e persoas interesadas con ofrecemento do réxime de recursos procedente e traslado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Consonte o disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia, no BOP nº 198, do 15-10-2002 publicouse o texto íntegro da normativa da modificación do planeamento aprobada, remitíndose copia do expediente á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, para os efectos establecidos no número 3 e 4 deste precepto.

O que se fai público para a súa executividade, significándose que contra este acto, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse directamente quen se considere lexitimado o recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación do texto íntegro da disposición impugnada, consonte o establecido nos artigos 10.1º.6 e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedente conforme a dereito, significándose que o artigo 107.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, de modificación da anterior, non admite a interposición de recursos en vía administrativa contra as disposicións administrativas de carácter xeral.

Pontevedra, 21 de outubro de 2002.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Alcalde accidental

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral