Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 06 de novembro de 2002 Páx. 15.612

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión do 9 de outubro de 2002, aprobou a forma de adxudicación, mediante concurso, para executa-las obras de construcción da sede da Delegación Provincial do Ministerio de Defensa en Lugo. Por medio deste anuncio dáse a coñece-la licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a execución das obras do proxecto denominado Construcción da sede da Delegación Provincial do Ministerio de Defensa. Lugo.

d) Prazo de execución: nove meses. Non obstante, o prazo será o ofrecido na proposición do adxudicatario.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: o importe total do contrato é de 1.678.653,06 euros; non obstante, o prezo do contrato será o ofrecido polo adxudicatario na súa oferta.

5. Garantías.

Provisional: 33.573,06 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e C.P.: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 982 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría d) e grupo C, subgrupo 4, categoría c).

b) Outros requisitos: os sinalados no prego de cláu-

sulas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula oitava do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

3ª Localidade e C.P.: Lugo, 27002.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o cuarto día hábil (agás sábados ou festivos) posterior ó remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: 988,42 euros, que serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 21 de outubro de 2002.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D.

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente alcalde delegado de Área