Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 06 de novembro de 2002 Páx. 15.612

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GONDOMAR

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente, pola Comisión de Goberno do concello, o proxecto de reparcelamento do solo urbano non consolidado incluído no ámbito do Plan Especial de Reforma Interior do polígono da Pasaxe, en Vincios, exponse ó público polo prazo de 30 días, ó abeiro do preceptuado no artigo 102.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Gondomar, 4 de outubro de 2002.

J. Carlos Silva Mariño

Alcalde