Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 31 de outubro de 2002 Páx. 15.407

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 9 de outubro de 2002 pola que se actualizan os prezos máximos que deben paga-los alumnos de centros escolares para o consumo de leite e determinados productos lácteos.

Mediante a orde desta consellería do 30 de maio de 2002, establecéronse as bases reguladoras do programa de leite escolar nesta Comunidade Autónoma, para a concesión das axudas para a subministración ós alumnos de centros escolares dos productos lácteos transformados.

Esta orde é consecuencia do establecido no Regulamento (CE) nº 1255/1999, do Consello, e no Regulamento (CE) nº 2707/2000, da Comisión, así como do Real decreto 194/2002, do 15 de febreiro, sobre as modalidades de aplicación no Estado español do establecido nesa normativa comunitaria.

No anexo II da devandita orde establecéronse os prezos máximos que deberán paga-los alumnos nos centros escolares, dispoñendo na disposición transitoria segunda que eses prezos rexerían durante o curso escolar 2001-2002. Por outra banda, no artigo 4.4º da mesma orde prevese que, para cada curso escolar, poderá variarse o prezo máximo que deberá paga-lo alumno para os diferentes productos subvencionables, de acordo co custo medio da materia prima e as modificacións que, se é o caso, se produzan na contía da axuda. Así pois, dándose neste momento as circunstancias de inicio recente do novo curso escolar 2002-2003 e de incremento do custo do leite e determinados productos lácteos, faise necesario axusta-lo prezo máximo dos diferentes productos subvencionables á situación actual.

Segundo a Lei 7/1994, do 29 de decembro, de creación do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia (Ilgga), e o Decreto 128/1996, do 14 de marzo, que a desenvolve, así como o Decreto 50/2002, do 14

de febreiro, da súa estructura orgánica, correspóndelle a este, entre outras funcións, a concesión das axudas comunitarias para a subministración de determinados productos lácteos ós alumnos de centros escolares, dentro da organización común de mercados do leite e productos lácteos.

Polo tanto, de acordo co disposto no artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e de seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e o Decreto 50/2002, do 14 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e do Ilgga,

DISPOÑO:

Artigo único.-Para o curso escolar 2002-2003, o prezo máximo que deberá paga-lo alumno para os diferentes productos subvencionables será o indicado no anexo desta orde.

A táboa de categorías que figura no dito anexo correspóndese cos productos conceptuados no anexo I da orde desta consellería, do 30 de maio de 2002, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas ós alumnos de centros escolares para o consumo de leite e determinados productos lácteos.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia para dicta-las instruccións necesarias para o desenvolvemento e a execución desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2002.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural

ANEXO

Programa de leite escolar

Prezos máximos que deberán paga-los alumnos nos centros escolares

CategoríaProductoDefiniciónPrezos

(A/k)

Ia1.º

2.º

2.º bis

3.º

Leite enteiro tratado termicamente (pasteurizado).

Leite enteiro tratado termicamente (os demais) en envase dun litro.

Leite enteiro tratado termicamente (os demais) en envases de 1,5 litros.

Leite enteiro tratado termicamente (os demais) en envase de 200 cc.

0,38

0,46

0,47

0,61

Ib1.º

2.º

Leite enteiro con sabor a chocolate ou aromatizado con mín.90 por 100 en peso leite enteiro.

Ídem. Envase de 200 cc.

0,67

0,79

Ic1.ºIogur de leite enteiro.1,27

IIIa1.º

1.º bis

2.º

Leite semidesnatado tratado termicamente en envase dun litro.

Leite semidesnatado tratado termicamente en envase de 1, 5 litros.

Ídem. Envase de 200 cc.

0,40

0,49

0,79

IIIb1.º

2.º

Leite semidesnatado con sabor a chocolate ou aromatizado con mín.90 por 100 en peso leite semidesnatado.

Ídem. Envase de 200 cc.

0,89

1,02

IIIc1.ºIogur de leite semidesnatado.1,27

Va1.º

1.º bis

2.º

Leite desnatado tratado termicamente en envase dun litro.

Leite desnatado tratado termicamente en envase de 1,5 litros.

Ídem. Envase de 200 cc.

0,45

0,46

0,79

CategoríaProductoDefiniciónPrezos

(A/k)

Vb1.º

2.º

Leite desnatado con sabor a chocolate ou aromatizado con mín. 90 por 100 en peso leite desnatado.

Ídem. Envase de 200 cc.

0,89

1,00

Vc1.ºIogur de leite desnatado.1,27

VI1.º

2.º

Queixos frescos ou fundidos cun contido de graxas en peso de materia seca igual ou superior ó 40 por 100.

Os Petit Suisse e queixiños.

3,51

4,15

VII1.ºOs demais queixos cun contido de graxas en peso de materia graxa en peso de materia seca igual ou superior ó 45 por 100.4,53

Os prezos expresaranse en euros/quilogramo, sumando o IVE vixente e descontada a axuda prevista no Regulamento (CE) 2707/2000.

No caso de que os productos subministrados se expresen en litros, o prezo deberase definir por quilogramo, para o que se empregarán as conversións regulamentarias.