Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 31 de outubro de 2002 Páx. 15.408

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 15 de outubro de 2002 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios periféricos da Consellería de Sanidade.

Convocada pola Orde do 26 de xuño de 2002 (DOG nº 133, do 11 de xullo), a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios periféricos da Consellería de Sanidade, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios periféricos da Consellería de Sanidade, anunciada pola Orde do 26 de xuño de 2002 (DOG nº 133, do 11 de xullo).

Segundo.-Declarar deserto o posto de traballo convocado pola Orde do 26 de xuño de 2002 (DOG nº 133, do 11 de xullo).

Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación. De non estima-la interposición deste recurso, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2002.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade