Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 31 de outubro de 2002 Páx. 15.406

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial, pola que se lle dá publicidade á adhesión das certificadoras SGS ICS Ibérica, S.A. e Delfos Auditores, S.A. ó convenio aberto de colaboración entre a Consellería de Industria e Comercio e as empresas avaliadoras da conformidade para o fomento da certificación dos sistemas de xestión da calidade no tecido empresarial galego.

Con data 18 de xuño de 2002 subscribiuse entre a Consellería de Industria e Comercio e as empresas avaliadoras da conformidade un convenio aberto de colaboración para o fomento da certificación dos sistemas de xestión da calidade no tecido empresarial galego que foi publicado no DOG nº 132, do 10 de xullo de 2002.

Na cláusula terceira do convenio recóllese a posibilidade de adherirse a el aquelas certificadoras que o soliciten e reúnan os requisitos esixidos no convenio. Conforme o establecido na dita cláusula as certificadoras SGS ICS Ibérica, S.A., e Delfos Auditores, S.A. presentaron solicitude de adhesión ó dito convenio aberto.

Vista a documentación remitida por ámbalas dúas certificadoras, o conselleiro de Industria e Comercio resolveu adherir a SGS ICS Ibérica, S.A., con CIF: A-80773534, representada por Ramón Robles Rodríguez, e a Delfos Auditores, S.A., con CIF: A-59350231, representada por David Galeote Godás, ó convenio aberto de colaboración entre a Consellería de Industria e Comercio e as empresas avaliadoras da conformidade para o fomento dos sistemas de xestión da calidade no tecido empresarial galego, do 18 de xuño de 2002.

Cumprida a tramitación regulamentaria procede a publicación no Diario Oficial de Galicia da devandita adhesión co fin de darlle publicidade a este feito.

O que se fai público para os efectos oportunos.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2002.

José Manuel González González

Director xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento

Sectorial

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL