Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 30 de outubro de 2002 Páx. 15.398

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

EDICTO.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión que tivo lugar o día 27 de setembro de

2002, por proposta do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (Oral), adoptou por unanimidade, entre outros acordos, o de aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2º da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de recadación de recursos locais, realizou, seguindo o establecido nos artigos 106.3º da Lei 7/1985, do 3 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 7 da citada Lei 39/1988, na Deputación Provincial de Pontevedra-Oral, o Concello de Meis, no que respecta á liquidación e recadación en vías voluntaria e executiva das taxas polos servicios de sumidoiros e de distribución de auga, con efectos desde o 1 de xaneiro de 2003.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 2 de outubro de 2002.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado

FUNDACIÓN PÚBLICA ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN

SANITARIA