Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 30 de outubro de 2002 Páx. 15.398

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO.

O alcalde do Concello de Viveiro, César Aja Mariño, por medio de decreto do día 18 de outubro de 2002, aprobou inicialmente o proxecto que contén modificación puntual do plan parcial de Lavandeiras e Lodeiro, promovido polo Concello de Viveiro, consonte o proxecto técnico redactado polo enxeñeiro de camiños Ángel Delgado Cid, consistente na reordenación dos espacios libres e zonas verdes, debido á necesidade de instala-la depuradora municipal nas proximidades da estación de pretratamento.

A aprobación inicial das ditas modificacións no plan parcial determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito obxecto do plan para tódolos usos e obras que resulten incompatibles coa ordenación proxectada.

En cumprimento do que dispón o artigo 44.3º da Lei 1/1997, o expediente sométese a exposición pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior difusión da provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente no Negociado de Urbanismo e Contratación e formular por escrito as alegacións que coiden oportunas.

Viveiro, 21 de outubro de 2002.

Justo Vázquez Chao

Alcalde accidental