Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 30 de outubro de 2002 Páx. 15.378

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2002 pola que se declara a utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico denominado Ampliación Álabe-Soán e a súa compatibilidade co permiso de investigación Río Bao, número 5514. (Expediente 064-EOL).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Acciona Eólica de Galicia, S.A. con enderezo para efectos de notificacións en Parque Empresarial La Moraleja, avda. de Europa nº 18; 28108 Alcobendas-Madrid, sobre autorización de instalacións do parque eólico denominado Ampliación Álabe-Soán; resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 4 de outubro de 2000, Juan Antonio Alonso Comerma, en nome e representación de Acciona Eólica de Galicia, S.A., solicitou a autorización administrativa, aprobación de proxecto de execución e recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica, declaración de utilidade pública en concreto e aprobación do proxecto sectorial do parque eólico denominado Ampliación Álabe-Soán, de 21,75 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, de 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria undécima do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de

enerxía eléctrica, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, en virtude do disposto na disposición transitoria segunda do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica

na Comunidade Autónoma de Galicia e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.

Segundo.-O proxecto, coas características fundamentais da instalación e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados, someteuse a información pública para os efectos previstos nos artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; Decreto 2169/1966, do 20 de outubro, Decreto 2617/1966, xa mencionado, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia; e o Decreto 205/1995, mediante resolución da Delegación Provincial de Industria de Lugo do 3 de abril de 2001, publicado no diario El Progreso do 25 de abril, BOP de Lugo do 7 de maio, DOG do 10 de maio, diario La Voz de Galicia do 25 de abril, Boletín Oficial del Estado do 25 de abril de 2001 e no taboleiro de anuncios dos concellos de Muras e O Valadouro.

Terceiro.-Durante o período de información pública Rafael Casabella Castro, presidente da Comunidade de Montes Veciñais e en Man Común do Cadramón, presentou alegación indicando que os terreos afectados polo parque no termo municipal do Valadouro pertencen á citada comunidade de montes e solicitando que se despracen os aeroxeradores S-924 e S-925 polas molestias que ocasionará o ruído das citadas máquinas ás vivendas próximas.

Cuarto.-O 23 de agosto de 2001, o promotor presentou unha modificación parcial del proxecto que como consecuencia da modificación se eliminan os centros de MT reducindo as afeccións da relación de bens e dereitos; os afectados foron notificados sen que se presentasen alegacións.

Quinto.-O 22 de xaneiro de 2002, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu formula-la declaración de impacto ambiental do citado parque eólico, na cal se fixan as posicións de 23 aeroxeradores quedando a posición dos aeroxeradores S-908 ó S-913 pendentes de posterior informe para efectos de posible recolocación.

Sexto.-O 14 de febreiro de 2002, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas resolveu autoriza-la instalación dos equipos electromecánicos, aproba-lo correspondente proxecto de execución e recoñecerlle a esa instalación a condición de instalación acollida ó réxime especial do R.D. 2818/1998, e incluíla no grupo b 2) do art. 2 do dito real decreto, coas seguintes características básicas:

Localización e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

XY

AmpliaciónMuras e O Valadouro0.618.3954.816.730

Álabe-Soán(Lugo)0.619.1404.816.450

0.619.0004.815.843

0.616.3004.816.700

NomeMunicipioVértices

XY

0.615.5284.817.509

0.615.9144.818.064

0.616.1004.817.900

0.616.6004.818.900

0.617.7504.817.035

0.617.9254.817.775

0.618.7754.817.640

0.618.8854.817.245

Nº de aeroxeradores29

Potencia unitaria por aeroxerador750 kW

XeradoresNEG-MICON NM750/44 e NM750/48

Potencia total instalada21,75 MW

Producción anual estimada66.212 MWh/ano

Investimento previsto17.548.651,25 euros

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

-29 centros de transformación de 1.000 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados unitariamente en interior de torre de aeroxerador cos seus correspondentes aparellos de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación e subestación transformadora 20/132 kV.

-Subestación transformadora 20/132 kV para evacuación de enerxía producida no parque eólico Ampliación Álabe-Soán, composta por un transformador principal 20/132 kV de 25 MVA ONAF de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,4 kV de 100 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionadores, manobra, medida e protección.

Sétimo.-Con data 5 de xullo de 2002, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas abre, dentro do expediente de declaración de utilidade pública, peza separada co obxecto de determina-la compatibilidade ou incompatibilidade da actividade de producción de enerxía eléctrica no parque eólico denominado Ampliación Álabe-Soán coa explotación dos recursos minerais existentes no ámbito territorial afectado. As partes presentaron durante o prazo establecido para o efecto as alegacións e xustificacións que estimaron pertinentes.

Oitavo.-Con data do 9 de setembro de 2002, a Subdirección Xeral de Enerxía e Recursos Minerais, examinado o citado expediente, emite informe favorable sobre a compatibilidade da actividade de producción de enerxía eléctrica no parque eólico denominado Ampliación Álabe-Soán coa explotación dos recursos minerais existentes no ámbito territorial afectado polo permiso de investigación Río Bao nº 5514 .

O citado informe manifesta textualmente canto segue: «Informe sobre o expediente de compatibilidade entre o parque eólico de ampliación Álabe-Soán e diversos dereitos mineiros da provincia de Lugo».

1. Antecedentes.

Durante a tramitación da declaración de utilidade pública do parque eólico de ampliación Álabe-Soán, solicitado pola sociedade Acciona Eólica de Galicia, S.A., detectouse a posible interferencia das actuacións pretendidas neste proxecto coas previstas para outros dereitos mineiros solicitados e/ou existentes na zona, polo que esta dirección xeral abriu o 5 de xullo de 2002 un trámite de audiencia coas partes interesadas, para así proceder a determina-la compatibilidade ou incompatibilidade dos aproveitamentos públicos en xogo.

Para a realización deste informe examináronse, ademais das alegacións presentadas polas partes dentro do trámite de audiencia, os seguintes documentos:

-Expediente e proxectos do parque eólico de ampliación Álabe-Soán.

-Expediente e proxectos do permiso de investigación Río Bao nº 5514.

2. Resumo dos proxectos e alegacións presentadas.

Vanse resumir neste punto os proxectos e alegacións de cada unha das sociedades implicadas.

a) Acciona Eólica de Galicia, S.A.

O proxecto de parque eólico de ampliación Álabe-Soán ten as seguintes características:

Características técnicas do parque:

Nº de aeroxeradores29

Potencia unitaria por aeroxerador750 kW

XeradoresNEG-MICON NM 750/44-48

Potencia total instalada21,75 MW

Producción neta anual prevista66.212 MWh/ano

Investimento previsto17.548.651,25 euros.

Características técnicas da infraestructura de xeración, transformación e interconexión:

-29 centros de transformación de 1.000 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados unitariamente en interior de torre de aeroxerador cos seus correspondentes aparellos de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación e centros de recollida de media tensión.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación e centros de recollida de media tensión e subestación transformadora 20/132 kV.

-Subestación transformadora 20/132 kV para evacuación da enerxía producida no parque eólico Ampliación Álabe-Soán, composta por un transformador principal 20/132 kV de 25 MVA ONAF de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,4 kV de 100 kVA de potencia nomi

nal cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

Alegacións.

En resumen, son as seguintes:

Sobre o permiso de investigación Río Bao 5514:

Non existe ningunha interferencia entre os labores proxectados para este permiso e a infraestructura eólica, sendo compatible o parque eólico incluso con calquera hipotética explotación.

Independentemente do exposto considera que dado que a investigación mineira se desenvolve nunha zona proposta para a súa inclusión na Rede Natura 2000, son mínimas as posibilidades dos titulares do dereito mineiro de obter unha declaración ambiental positiva para un hipotético proxecto de explotación no futuro.

-Finalmente e como conclusión solicita que se declare a compatibilidade do parque eólico cos dereitos mineiros existentes.

b) Tolsa, S.A.

Titular do permiso de investigación Río Bao nº 5514.

Permiso de investigación Río Bao nº 5514

-Outorgado o 14 de novembro de 1997 sobre 107 cuadrículas mineiras. O recurso obxecto da investigación é a turba.

-Autorizouse o 6 de xullo de 2001 unha prórroga parcial ata o 20 de novembro de 2003.

Alegacións.

Non presentou alegacións.

3. Conclusións.

O permiso de investigación Río Bao nº 5514, na superficie para a que foi prorrogado, afecta a a poligonal do parque pero non á infraestructura eólica, polo que ámbalas actuacións son totalmente compatibles.

En resumo, considérase que debe declararse a compatibilidade do parque Ampliación Álabe-Soán co permiso de investigación Río Bao nº 5514.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1995/2000, de 1 de decembro, a Lei 54/1997, do 27 de novembro, Decreto 205/1995, do 6 de xullo e o Decreto 302/2001, do 25 de outubro, xa citados.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a elas por parte da empresa promotora e do resto de documentación obrante no expediente, queda de manifesto que:

1. En relación coa alegación formulada por Rafael Casabella Castro, presidente da Comunidade de

Montes Veciñais e en Man Común do Cadramón, cabe dicir que: en relación á titularidade dos terreos, a empresa beneficiaria tomará razón delas e procederase a tramita-lo expediente de expropiación forzosa co alegante. Non obstante, será durante a fase do levantamento de actas previas á ocupación, acto que lle será convenientemente notificado, cando deberá presenta-la documentación acreditativa da dita titularidade. En canto á distancia mínima dos aeroxeradores a vivendas ou núcleos de poboación, hai que dicir, que non está regulada pola lei, sen embargo si está regulado o nivel de ruído admisible no artigo 8 do anexo da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, que foi contemplado no punto 2.2 da declaración de impacto ambiental do citado parque.

2. En canto á resolución da peza separada dentro deste expediente no que se estudia a compatibilidade ou non dos distintos dereitos amparados pola utilidade pública que incide sobre un mesmo espacio é procedente declara-la en función dos argumentos establecidos no informe da Subdirección Xeral de Enerxía e Minas de data do 9 de setembro de 2002, que esta consellería acepta e que serve de motivación á presente resolución neste extremo ó incorporarse ó texto dela, tal e como establece o artigo 89.5º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Terceiro.-O artigo 52 da Lei 54/1997, reguladora do sector eléctrico declara de utilidade pública as instalacións eléctricas de xeración, transporte e distribución de enerxía, cos efectos que se determinan no artigo 54 da mesma norma.

Cuarto.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Declara-la utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Ampliación Álabe-Soán, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

2. Declara-la compatibilidade da actividade de producción de enerxía eléctrica no parque eólico denominado Ampliación Álabe-Soán coa explotación dos recursos minerais existentes no ámbito territorial afectado polo permiso de investigación Río Bao nº 5514 do que o seu titular é a empresa Tolsa, S.A.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer, se é o caso, recurso potestativo de reposición de acordo co establecido no artigo 116 da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous

meses contados a partir da citada data, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2002.

P.D. (Orde 20-12-2001, DOG nº 250,

do 28 de decembro)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio