Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 30 de outubro de 2002 Páx. 15.373

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2002 pola que se declara a utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico denominado Álabe-Mareiro e a súa compatibilidade co permiso de investigación Río Bao, número 5514, e coa solicitude de concesión de explotación Besteburiz, número 5207. (Expediente 060-EOL).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Acciona Eólica de Galicia, S.A. con enderezo para efectos de notificacións en parque empresarial La Moraleja, Avda. de Europa nº 18; 28108 Alcobendas-Madrid, sobre autorización de instalacións do parque eólico denominado Álabe-Mareiro; resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 28 de xuño de 2000, Juan Antonio Alonso Comerma, en nome e representación de Acciona Eólica de Galicia, S.A., solicitou a autorización administrativa, aprobación de proxecto de execución e recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica declaración de utilidade pública en concreto e aprobación do proxecto sectorial do parque eólico denominado Álabe-Mareiro, de 21 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria undécima do Real Decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica

e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do disposto na disposición transitoria segunda do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.

Segundo.-O proxecto, coas características fundamentais da instalación e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados, someteuse a información pública para os efectos previstos nos artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; Decreto 2169/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas; Decreto 2617/1966, xa mencionado; artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia; e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, mediante resolución da Delegación Provincial de Industria de Lugo de 17 de xaneiro de 2001, publicado no diario El Progreso do 20-1-2001, BOP de Lugo do 1-2-2001, DOG do 25-1-2001, diario La Voz de Galicia do 27-2-2001 Boletín Oficial del Estado do 24-1-2001 e no taboleiro de anuncios do Concello de Ourol.

Terceiro.-Durante o período de información pública recibíronse as seguintes alegacións:

1. Rolando Rodríguez López, actuando en representación dos seus fillos Antonio e Mónica Rodríguez Cora, manifesta que a afección do predio nº 24 é incorrecta, non se trata de catro copropietarios, senón de catro propietarios con distintas afeccións, a parcela nº 67 resulta afectada polo parque e non lle foi notificada a afección, son os actuais propietarios os seus fillos Antonio e Mónica.

2. Carlos Basanta Rodríguez, manifesta que figura como afectado na parcela 24 e que a afección non está ben descrita e que quen figura como titular é Ramón Basanta Suárez, é o alegante o titular actual por herdanza.

3. Guillermo Salgueiro Abad, en representación da Sociedade Municipal Hidroeléctrica de Ourol, S.L., alega unha posible incompatibilidade entre a área que se vai investigar promovida por esta e a zona de situación do parque.

4. O Concello de Ourol oponse á instalación do parque alegando unha mingua nas súas competencias de ordenación de uso de territorio; a diminución de posibilidades para aproveita-la enerxía eólica no seu territorio; a preferencia do interese particular do promotor fronte ó interese público do concello e a oposición social ó proxecto que debería terse en conta ó avalia-lo impacto ambiental.

5. Delia Fernández Calvo, propietaria da parcela nº 48 solicita máis información sobre a afección da citada parcela.

6. Ricardo Llorente Morales, en nome e representación de Norte Forestal, S.A. propietaria do monte denominado Coto Mouro, manifesta estar disposta a realizar acordo amigable co promotor sen verse privada da titularidade de terreo.

7. José Martínez Torea, en nome e representación de Carmen Fraga Hermida titular da parcela nº 41, manifesta:

a) Improcedencia da declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens a efectos expropiatorios.

b) Imprecisa consideración do terreo.

c) Non se indica o prazo da autorización concedida.

d) Falta de determinación dos bens que se van expropiar.

e) Indeterminación da servidume de voo.

f) Improcedencia da expropiación de pleno dominio.

g) Falta de notificación ó representante (alegación xaneiro 2002)

h) Cualificación como pasteiro do predio afectado (alegación xaneiro 2002)

8. María do Carmen Herbón Rodríguez, propietaria da parcela nº 19, alega estar afectada por unha servidume de voo de 3,2085 ha e que non lle foi comunicada a citada afección, da cal a súa titularidade acreditarase cando proceda.

9. José Antonio Fernández Pico, alega ser titular da parcela nº 66 que está afectada polo citado parque eólico sen que se lle fose notificado.

10. José Antonio Fernández Pico, en calidade de presidente da Xunta Rectora do Monte Pena Dauga, Pedreizo e Pao do Lamoso, manifesta que a parcela nº 50 que na relación de bens e dereitos a titularidade figura como descoñecida, é propiedade da citada comunidade de montes acreditándose esta con copia da certificación do expediente de clasificación número 115/78 referente ó monte Pena Luisa, Chao do Curro, Pena da Dauga, Pedreizo e Pao do Lamoso expedido pola Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente.

11. Porfirio López Pico, alega ser titular da parcela nº 24, manifesta ser incorrecta a afección e solicita se proceda á rectificación e á notificación desta.

12. Palmira Ferreiro González, alega ser titular da parcela 59, que a citada parcela na relación de bens e dereitos figura como descoñecida, solicita que se proceda á corrección e notificación da afección.

13. Francisco López González, alega ser titular da parcela nº 65 que está afectado polo citado parque eólico sen que se lle notificase.

Cuarto.-O 23 de agosto de 2001, o promotor presentou unha modificación parcial do proxecto que como consecuencia da modificación se eliminan os centros de MT reducindo as afeccións da relación de bens e dereitos, os afectados foron notificados sen que se presentasen alegacións.

Quinto.-O 9 de novembro de 2001, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de impacto ambiental do citado parque eólico, na cal se fixan as posicións de 12 aeroxeradores quedando os restantes pendentes de relocalización ou confirmación e posterior informe.

Sexto.-O 27 de decembro de 2001, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas resolveu autoriza-la instalación dos equipos electromecánicos, aproba-lo correspondente proxecto de execución e recoñecer a esa instalación, a condición de instalación acollida ó réxime especial do R.D. 2818/1998, e incluíla no grupo b 2) do art. 2 do dito real decreto; das 12 máquinas contempladas na DIA, quedando as restantes instalacións condicionadas ó informe da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, que se vai situar no concello de Ourol, coas seguintes características básicas:

Localización e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

XY

Álabe-MareiroOurol1614.6534.824.657

2616.2404.823.826

3616.3144.824.423

4617..5594.824.286

5617.8504.824.051

6 618.0894.823.323

7617.6894.822.868

8618.5774.821.842

9618.0004.821.400

10616.9854.822.790

11614.2074.824.345

Nº de aeroxeradores28

Potencia unitaria por aeroxerador750 kW

XeradoresNEG-MICON NM750/44 e NM750/48

Potencia total instalada21 MW

Producción anual estimada56.723 MWh/ano

Investimento previsto16.942.312,33 A.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

-28 centros de transformación de 1000 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados unitariamente en interior de torre de aeroxerador coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación e centros de recollida de media tensión.

-4 centros de recollida de media tensión para optimización de transporte de enerxía dotados cada un de transformador para servicios auxiliares e da súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación e centros de recollida de media tensión e subestación transformadora 20/132 kV.

-Subestación transformadora 20/132 kV para evacuación de enerxía producida no parque eólico Álabe-Mareiro, composta por un transformador principal 20/132 kV de 25 MVA ONAF de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,4 kV

de 100 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionadores, manobra, medida e protección.

Sétimo.-O 2 de abril de 2002 o promotor solicita que lle sexa modificada a autorización administrativa de maneira que se autoricen tódalas instalacións do citado parque, agás os oito aeroxeradores dos que a súa relocalización está pendente, aprobándose o proxecto de execución destas e recoñecéndose o réxime especial, quedando condicionado o inicio das obras na zona afectada polo estudio adicional de breixeiras ó previo informe favorable da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Oitavo.-O 22 de abril de 2002, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, resolveu modifica-la resolución do 27 de decembro de 2001 da autorización das instalacións electromecánicas, a aprobación do proxecto de execución e o recoñecemento da condición da instalación acollida ó réxime especial do parque eólico denominado Álabe-Mareiro, quedando condicionado o inicio das obras dos aeroxeradores M-701 a M-705 e M-714 a M-716 e a subestación da zona afectada polo estudio adicional de breixeiras, ó previo informe favorable da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e de oito aeroxeradores M-721 a M-728 á relocalización destes.

Noveno.-Con data do 5 de xullo de 2002, ábrese por parte da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas dentro de expediente de declaración de utilidade pública, peza separada co obxecto de determina-la compatibilidade ou incompatibilidade da actividade de producción de enerxía eléctrica no parque eólico denominado Álabe-Mareiro coa explotación dos recursos minerais existentes no ámbito territorial afectado. As partes presentaron durante o prazo establecido para o efecto as alegacións e xustificacións que consideraron pertinentes.

Décimo.-Con data do 9 de setembro de 2002, a Subdirección Xeral de Enerxía e Recursos Minerais, examinado o citado expediente, emite informe favorable sobre a compatibilidade da actividade de producción de enerxía eléctrica no parque eólico denominado Álabe-Mareiro coa explotación dos recursos minerais existentes no ámbito territorial afectado polo permiso de investigación Río Bao nº 5514 e coa solicitude de concesión de explotación Besteburiz nº 5207.

O citado informe manifesta textualmente canto segue: «Informe sobre o expediente de compatibilidade entre o parque eólico de Álabe-Mareiro e diversos dereitos mineiros da provincia de Lugo».

1. Antecedentes.

Durante a tramitación da declaración de utilidade pública do parque eólico de Álabe-Mareiro, solicitado pola sociedade Acciona Eólica de Galicia, S.A., detectouse a posible interferencia das actuacións pretendidas neste proxecto cas previstas para outros dereitos mineiros solicitados e/ou exis

tentes na zona, polo que por parte desta dirección xeral foi aberto o 5 de xullo de 2002 un trámite de audiencia coas partes interesadas, para así proceder a determina-la compatibilidade ou incompatibilidade dos aproveitamentos públicos en xogo.

Para a realización deste informe examináronse, ademais das alegacións presentadas polas partes dentro do trámite de audiencia, os seguintes documentos:

-Expediente e proxectos do parque eólico de Álabe-Mareiro.

-Expediente da solicitude de concesión de explotación Besteburiz nº 5207.

-Expediente e proxectos do permiso de investigación Río Bao nº 5514.

2. Resumo dos proxectos e alegacións presentadas.

Vanse resumir neste punto os proxectos e alegacións de cada unha das sociedades implicadas.

a) Acciona eólica de Galicia, S.A.

O proxecto de parque eólico de Álabe-Mareiro ten as seguintes características:

Características técnicas do parque:

Nº de aeroxeradores28

Potencia unitaria por aeroxerador750 kW

XeradoresNEG-MICON NM 750/44-48

Potencia total instalada21 MW

Producción neta anual prevista56.723 MWh/ano

Investimento previsto16.942.312,33 euros.

Características técnicas da infraestructura de xeración, transformación e interconexión:

-28 aeroxeradores tipo NEG-MICON NM 750/44-48, de 750 kW de potencia nominal unitaria.

-28 centros de transformación de 1000 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados unitariamente en interior de torre de aeroxerador coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación e centros de recollida de media tensión.

-Subestación transformadora 20/132 kV para evacuación da enerxía producida no parque eólico Álabe-Mareiro, composta por un transformador principal 20/132 kV de 25 MVA ONAF de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,4 kV de 100 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

Alegacións.

En resumo son as seguintes:

-En referencia á solicitude de concesión de explotación Besteburiz nº 5207:

Entende que a infraestructura eólica prevista non afecta a esta solicitude de concesión, agás á

utilización dunha vial existente que cruza esta, polo que considera compatibles ambas actividades.

-Sobre o permiso de investigación Río Bao 5514:

Non existe ningunha interferencia entre os labores proxectados para este permiso e a infraestructura eólica, sendo compatible o parque eólico incluso con calquera hipotética explotación.

Independentemente do exposto considera que dado que a investigación mineira se desenvolve nunha zona proposta para a súa inclusión na Rede Natura 2000, son mínimas as posibilidades dos titulares do dereito mineiro de obter unha declaración ambiental positiva para un hipotético proxecto de explotación no futuro.

Finalmente e como conclusión solicita que se declare a compatibilidade do parque eólico cos dereitos mineiros existentes.

b) Tolsa, S.A.

Titular do permiso de investigación Río Bao nº 5514.

Permiso de investigación Río Bao nº 5514

-Outorgado o 14 de novembro de 1997 sobre 107 cuadrículas mineiras. O recurso obxecto da investigación é a turba.

-Autorizouse o 6 de xullo de 2001 unha prórroga parcial ata o 20 de novembro de 2003.

Alegacións.

-Solicita que se lles inclúa como afectados no procedemento expropiatorio.

c) Silicatos Minerales, S.L.

Titular da solicitude de concesión de explotación Besteburiz nº 5207, de 178 pertenzas mineiras, para recursos de feldespato.

Alegacións.

-Manifesta que non se opón á instalación do parque eólico, unicamente se pretende que manteña libre a suficiente superficie para poder explotar de maneira racional os recursos denunciados.

3. Conclusións.

Ó se-lo parque eólico o punto común do expediente, examinamos por separado a posible compatibilidade deste con cada un dos dereitos mineiros por separado.

a) Permiso de investigación Río Bao nº 5531.

O permiso de investigación, na superficie para a que foi prorrogado, afecta á poligonal do parque pero non á infraestructura eólica, polo que ambas actuacións son totalmente compatibles.

b) Solicitude de concesión de explotación Besteburiz nº 5207.

Esta solicitude de concesión afecta á poligonal do parque pero non á infraestructura eólica, polo que ambas actuacións son totalmente compatibles.

En resumo, considérase que debe declararse a compatibilidade do parque Álabe-Mareiro co permiso de investigación Río Bao nº 5514 e coa solicitude de concesión de explotación Besteburiz nº 5207.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1995/2000, do 1 de decembro, a Lei 54/1997, do 27 de novembro, Decreto 205/1995, do 6 de xullo e o Decreto 302/2001, de 25 de outubro, xa citados.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a estas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

1. Non se toman en consideración as alegacións referidas á valoración da afección das parcelas, por non ser obxecto desta fase do expediente. Correspondendo esta valoración á fase de prezo xusto.

2. Con respecto ás alegacións referidas a posibles erros na determinación de servidumes así como na natureza dos terreos afectados estas tomaranse en consideración cando se proceda ó levantamento de actas de ocupación incluíndose na correspondente folla de aprecio.

3. Deuse traslado á empresa promotora das distintas solicitudes de documentación complementaria formulada polos alegantes e esta tomou razón destas, procedendo ó seu envío.

4. En relación ós cambios de titularidade nas parcelas, a empresa beneficiaria tomará razón destas e procederase a tramita-lo expediente de expropiación forzosa cos alegantes. Non obstante durante a fase do levantamento de actas previas á ocupación, á que serán convenientemente notificados, deberán presenta-la documentación acreditativa da dita titularidade.

5. En relación coa alegación formulada por Guillermo Salgueiro Abad, en representación da sociedade municipal Hidroeléctrica de Ourol, S.L. cabe dicir que non ten aprobado ningún plan eólico estratéxico polo cal non hai incompatibilidade.

6. Con respecto á alegación presentada polo Concello de Ourol cabe manifestar, por un lado, que este non presentou ningún proxecto en competencia no momento oportuno, e por outro, o organismo competente para o desenvolvemento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia é a Consellería de Industria e Comercio e non é por tanto de competencia municipal. En canto a que debería terse

en conta o impacto ambiental, hai que dicir que o citado proxecto conta con declaración de impacto ambiental.

7. En relación coas alegacións formuladas por José Martínez Torea, en nome e representación de Carmen Fraga Hermida cabe dicir que:

-A declaración de utilidade pública faise en virtude dos artigos 52 e 54 de a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

-O terreo afectado queda definido no proxecto da citada instalación.

-O prazo de autorización é indefinido.

-A relación de bens e dereitos delimita os bens que se van expropiar así como as afeccións dos ditos bens.

8. En canto á resolución da peza separada dentro deste expediente no que se estudia a compatibilidade ou non dos distintos dereitos amparados pola utilidade pública que incide esta sobre un mesmo espacio, é procedente declarar esta de acordo cos argumentos establecidos no informe da Subdirección Xeral de Enerxía e Minas con data do 9 de setembro de 2002, que esta consellería acepta e que serve de motivación á presente resolución neste punto ó incorporarse ó texto dela, tal e como establece o artigo 89.5º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Terceiro.-O artigo 52 da Lei 54/1997, reguladora do sector eléctrico declara de utilidade pública as instalacións eléctricas de xeración, transporte e distribución de enerxía, cos efectos que se determinan no artigo 54 da mesma norma.

Cuarto.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Declara-la utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Álabe-Mareiro, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

2. Declara-la compatibilidade da actividade de producción de enerxía eléctrica no parque eólico denominado Álabe-Mareiro coa explotación dos recursos minerais existentes no ámbito territorial afectado polo permiso de investigación Río Bao nº 5514 e coa solicitude de concesión de explotación Besteburiz nº 5207 que os solicitantes son respectivamente as empresas Tolsa, S.A. e Silicatos Minerales, S.L.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer, se é o caso,

recurso potestativo de reposición de acordo co establecido no artigo 116 da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da citada data, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2002.

P.D. (Orde 20-12-2001, DOG nº 250, do 28 de decembro)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio