Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 30 de outubro de 2002 Páx. 15.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2002 pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se declara a utilidade pública, en concreto, se aproba o proxecto de execución, se recoñece a condición de instalación acollida ó réxime especial do parque eólico denominado Álabe-Leste e se declara a súa compatibilidade co permiso de investigación denominado Río Bao, número 5514, e a concesión de explotación Sorpresa Terceira, número 3465. (Expediente 058/EOL).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Acciona Eólica de Galicia, S.A. con enderezo para efectos de notificacións en Parque Empresarial La Moraleja, Avda. de Europa nº 18, 28108 Alcobendas -Madrid, sobre autorización de instalacións e utilidade pública do parque eólico denominado Álabe-Leste; resultan os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro.-O 28 de xuño de 2000, Juan Antonio Alonso Comerma, en nome e representación de Acciona Eólica de Galicia, S.A., solicitou a autorización administrativa, aprobación de proxecto de execución, recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica, declaración de utilidade pública en concreto e aprobación do proxecto sectorial do parque eólico denominado Álabe-Leste, de 15,75 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria undécima do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía

eléctrica e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria terceira do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.

Segundo.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; decretos 2167 e 2619/1966, xa mencionados, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia e o Decreto 205/1995, polo que se regula o aprovei

tamento da enerxía eólica en Galicia, mediante resolución da Delegación Provincial de Lugo do 25 de setembro de 2000, publicada no BOP de Lugo do 4 de outubro, no DOG do 5 de outubro, o diario El Progreso do 30 de setembro, diario La Voz de Galicia do 5 de outubro, Boletín Oficial del Estado do 10 de outubro e nos taboleiros de anuncios dos concellos de Ourol e O Valadouro e deuse coñecemento ós afectados mediante a oportuna notificación individual.

Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. José Antonio Fernández Pico, en representación do Monte Veciñal en Mano Común, denominado Pena Luisa, Chao do Curro, Pena Dauga, Pedreizo e Pao do Lamoso da parroquia de Miñotos, manifesta que o predio nº 50, que na relación de propietarios figura como de titularidade descoñecida, pertence á citada comunidade.

2. José Luis Sastre Pascual, en representación das Sociedades Mercantís Tolsa, S.A. e Turberas del Buyo y del Gistral, S.A. considera que estas deben ser tidas en conta como partes afectadas no expediente de expropiación xa que estas son titulares, respectivamente, dos permisos de investigación Río Bao nº 5514 e Sorpresa 3ª nº 3465 que se encontran situados en parte sobre algún dos predios afectados polo proxecto do parque eólico.

3. Celso Pernas Vivero, en representación da Comunidade de MVMC da parroquia de Frexulfe, alega un erro na denominación da parcela que se vai ocupar na citada parroquia e móstrase desconforme coa oferta económica realizada pola empresa beneficiaria.

4. Guillermo Salgueiro Abad, en representación da Sociedade Municipal Hidroeléctrica de Ourol, S.L., alega unha posible incompatibilidade entre a área que se vai investigar promovida por esta e a zona de situación do parque.

5. O Concello de Ourol oponse á instalación do parque alegando unha mingua nas súas competencias de ordenación de uso de territorio; a diminución de posibilidades para aproveita-la enerxía eólica no seu territorio; a preferencia do interese particular do promotor fronte ó interese público do concello e a oposición social ó proxecto que debería terse en conta ó avalia-lo impacto ambiental.

6. O Grupo Ecoloxista Erva, alega a existencia no estudio de impacto ambiental, de determinadas carencias que fan desestima-lo dito estudio e rexeita-lo proxecto.

7. As alegacións ambientais foron remitidas ó órgano ambiental e recollidas na declaración de impacto ambiental do citado parque.

Terceiro.-O 18 de setembro de 2000, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio

de Lugo emitiu informe sobre o citado proxecto, coas características básicas seguintes:

Situación e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

XY

Álabe-LesteOurol e O Valadouro0.623.4864.819.495

0.622.4504.818.600

0.622.1094.818.828

0.622.2624.819.141

0.621.0004.820.000

0.620.6154.820.000

0.619.2524.820.917

0.619.1494.820.000

0.619.0494.819.100

0.618.8004.819.100

0.618.8004.819.600

0.618.3134.821.640

0.618.4924.821.776

0.619.0054.821.356

0.620.4514.821.948

0.620.2184.821.074

0.622.5924.819.557

0.623.3374.819.615

Nº de aeroxeradores21

Potencia unitaria por aeroxerador750 kW

XeradoresNEG-MICON NM750/44 e NM750/48

Potencia total instalada15,75 MW

Producción anual estimada43.017 MWh/ano

Investimento previsto12.848.013,29 euros

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

-21 centros de transformación de 1.000 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados unitariamente en interior de torre de aeroxerador coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación e centros de recollida de media tensión.

-3 centros de recollida de media tensión para optimización de transporte de enerxía dotados cada un de transformador para servicios auxiliares e da súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación e centros de recollida de media tensión e subestación transformadora 20/132 kV.

-Subestación transformadora 20/132 kV para evacuación de enerxía producida no parque eólico Álabe-Leste, composta por un transformador principal 20/132 kV de 17,5 MVA ONAF de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,4 kV de 100 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionadores, manobra, medida e protección.

Cuarto.-O 23 de agosto de 2001 o promotor presentou escrito na Delegación Provincial de Industria

e Comercio de Lugo solicitando a modificación do proxecto do citado parque eólico, reformando o sistema de recollida de enerxía eléctrica de media tensión, eliminando os centros de media tensión e reducindo as afeccións ás propiedades nas que se asentaban.

Quinto.-Con data do 5 de xullo de 2002, ábrese por parte da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas dentro de expediente de declaración de utilidade pública, peza separada ó obxecto de determina-la compatibilidade ou incompatibilidade da actividade de producción de enerxía eléctrica no parque eólico denominado Álabe-Leste coa explotación dos recursos minerais existentes no ámbito territorial afectado. As partes presentaron durante o prazo establecido para efecto as alegacións e xustificacións que estimaron pertinentes.

Sexto.-O 5 de novembro de 2001, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de impacto ambiental do citado parque eólico, no cal se fixan as posicións de 16 aeroxeradores quedando os restantes pendentes de relocalización e posterior informe.

Sétimo.-Con data do 3 de decembro de 2001, ábrese por parte da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas dentro do expediente de declaración de utilidade pública, peza separada co obxecto de determina-la compatibilidade ou incompatibilidade da actividade de producción de enerxía eléctrica no parque eólico denominado Álabe-Leste coa explotación dos recursos minerais existentes no ámbito territorial afectado. As partes presentaron durante o prazo establecido para o efecto as alegacións e xustificacións que estimaron pertinentes.

Oitavo.-O 26 de febreiro de 2002 o promotor presentou a proposta de mellora ambiental para a relocalización dos aeroxeradores pendentes e solicitou o informe favorable da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental a dita proposta.

Noveno.-O expediente incluíuse de forma automática dentro do conxunto de solicitudes presentadas á primeira convocatoria anual do artigo 15 do Decreto 302/2001. Por Resolución do 19 de abril de 2002 desta consellería acordouse que proseguise a tramitación administrativa de autorización deste parque eólico.

Décimo.-O 9 de xullo de 2002, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental informou favorablemente a proposta de relocalización de 3 aeroxeradores, mantendo a necesidade de relocaliza-los aeroxeradores M-801 e M-803.

Undécimo.-O 13 de setembro de 2002, Acciona Eólica de Galicia, S.A., solicita que lle sexa de aplicación o procedemento establecido no Decreto 302/2001, do 25 de outubro, xa citado.

Décimo segundo.-Con data do 16 de setembro de 2002, a Subdirección Xeral de Enerxía e Recursos Minerais, examinado o citado expediente, emite informe favorable sobre a compatibilidade da actividade de producción de enerxía eléctrica no parque

eólico denominado Álabe-Leste coa explotación dos recursos minerais existentes no ámbito territorial afectado polo permiso de investigación Río Bao nº 5514 e coa concesión de explotación Sorpresa Terceira nº 3465.

O citado informe manifesta textualmente canto segue: «Informe sobre o expediente de compatibilidade entre o parque eólico de Álabe-Leste e diversos dereitos mineiros da provincia de Lugo.

1. Antecedentes.

Durante a tramitación da declaración de utilidade pública do parque eólico de Álabe-Leste, solicitado pola sociedade Acciona Eólica de Galicia, S.A., detectouse a posible interferencia das actuacións pretendidas neste proxecto coas previstas para outros dereitos mineiros solicitados e/ou existentes na zona, polo que por parte desta dirección xeral abriuse o 3 de decembro de 2001 un trámite de audiencia coas partes interesadas, para así proceder a determina-la compatibilidade ou incompatibilidade dos aproveitamentos públicos en xogo.

Para a realización deste informe examináronse, ademais das alegacións presentadas polas partes dentro do trámite de audiencia, os seguintes documentos:

-Expediente e proxectos do parque eólico de Álabe-Leste.

-Expediente da concesión de explotación San Juan de Gastelugache nº 4146.

-Expediente da concesión de explotación ampliación primeira a San Juan de Gastelugache nº 4951.

-Expediente da concesión de explotación Sorpresa Terceira nº 3465.

-Expediente e proxectos do permiso de investigación Río Bao nº 5514.

Ó ter caducado o 13 de setembro de 2002, por resolución da Consellería de Industria e Comercio, as concesións de explotación San Juan de Gastelugache nº 4146 ampliación primeria a San Juan de Gastelugache nº 4951, non se teñen nin elas nin as alegacións referidas a estas en consideración á hora de emitir este informe.

2. Resumo dos proxectos e alegacións presentadas.

Vanse resumir neste punto os proxectos e alegacións de cada unha das sociedades implicadas.

a) Acciona Eólica de Galicia, S.A.

O proxecto de parque eólico de Álabe-Leste ten as seguintes características:

Características técnicas do parque:

Nº de aeroxeradores21

Potencia unitaria por aeroxerador750 kW

XeradoresNEG-MICON NM 750/44-48

Potencia total instalada15,75 MW

Producción neta anual prevista43.017 MWh/ano

Investimento previsto2.096.255.714 ptas.

Características técnicas da infraestructura de xeración, transformación e interconexión:

-21 aeroxeradores tipo NEG-MICON NM 750/44-48, de 750 kW de potencia nominal unitaria.

-21 centros de transformación de 1.000 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados unitariamente en interior de torre de aeroxerador coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación e subestación transformadora 20/132 kV.

-Subestación transformadora 20/132 kV para evacuación da enerxía producida no parque eólico Álabe-Labrada, composta por un transformador principal 20/132 kV de 17,5 MVA ONAF de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,4 kV de 100 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

-Alegacións.

En resumo, son as seguintes:

-En referencia á concesión de explotación Sorpresa Terceira nº 3465:

Entende que a infraestructura eólica prevista non afecta a esta concesión, agás á utilización dunha vía existente que cruza esta, polo que considera compatibles ambas actividades.

Considera que a citada concesión se encontra incursa en causa de caducidade por falta de labores extractivos.

-Sobre o permiso de investigación Río Bao 5514:

Non existe ningunha interferencia entre os labores proxectados para este permiso e a infraestructura eólica, sendo compatible o parque eólico incluso con calquera hipotética explotación.

Independentemente do exposto considera que, dado que a investigación mineira se desenvolve nunha zona proposta para súa inclusión na Rede Natura 2000, son mínimas as posibilidades dos titulares do dereito mineiro de obter unha declaración ambiental positiva para un hipotético proxecto de explotación no futuro.

Entende que as sociedades Tolsa, S.A. e Turberas del Buyo y del Gistral, S.A., sociedades vinculadas, non pretenden a explotación dos recursos existentes, sino unicamente buscan a obtención dunha hipotética indemnización.

-Finalmente e como conclusión solicita que se declare a compatibilidade do parque eólico cos dereitos mineiros existentes e que, se se considera oportuno, se abra expediente de caducidade da concesión de explotación Sorpresa Terceira nº 3465.

b) Tolsa, S.A. e Turberas del Buyo y del Gistral, S.A.

Titulares do permiso de investigación Río Bao nº 5514 e da concesión de explotación Sorpresa Terceira nº 3465, respectivamente.

Permiso de investigación Río Bao nº 5514.

-Outorgado o 14 de novembro de 1997 sobre 107 cuadrículas mineiras. O recurso obxecto da investigación é a turba.

-Autorizouse o 6 de xullo de 2001 unha prórroga parcial sobre 62 cuadrículas mineiras ata o 20 de novembro de 2003.

Concesión de explotación Sorpresa Terceira nº 3465.

-Outorgada o 3 de maio de 1924, sobre unha extensión de catro pertenzas mineiras.

Alegacións.

Pódense resumir nos seguintes aspectos:

-Solicita que se lles inclúa como afectados no procedemento expropiatorio.

3. Conclusións.

Ó se-lo parque eólico o punto común do expediente, examinamos por separado a posible compatibilidade del con cada un dos dereitos mineiros por separado.

a) Permiso de investigación Río Bao nº 5531.

O permiso de investigación, na superficie para a que foi prorrogado, afecta os aeroxeradores, segundo designación de proxecto, M-817 a M-821. As zonas nas que se vai desenvolve-la investigación de turba non son concorrentes coa infraestructura eólica, polo que ambas actuacións son compatibles.

b) Concesión de explotación Sorpresa Terceira nº 3465.

Dentro da superficie deste dereito non existe infraestructura eólica, exceptuando unha vía preexistente, polo que ambas actividades son compatibles.

En resumo, considérase que debe declararse a compatibilidade do parque Álabe-Leste co permiso de investigación Río Bao nº 5514 e coa concesión de explotación Sorpresa Terceira nº 3465.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, Decreto 302/2001, do 25 de outubro, e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa citados.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a elas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

1. Non se toman en consideración as alegacións referidas á valoración da afección das parcelas, por non ser obxecto desta fase do expediente. Correspondendo esta valoración á fase de prezo xusto.

2. Con respecto ás alegacións referidas a posibles erros na determinación de servidumes así como na natureza dos terreos afectados estas tomaranse en consideración cando se proceda ó levantamento de actas de ocupación incluíndose na correspondente folla de aprecio.

3. En relación ós cambios de titularidade nas parcelas, a empresa beneficiaria tomará razón destas e procederase a tramita-lo expediente de expropiación forzosa cos alegantes. Non obstante, durante a fase do levantamento de actas previas á ocupación, acto ó que serán convenientemente notificados, deberán presenta-la documentación acreditativa da dita titularidade.

4. En relación coa alegación formulada por Guillermo Salgueiro Abad, en representación da sociedade municipal Hidroeléctrica de Ourol, S.L. cabe dicir que non ten aprobado ningún plan eólico estratéxico polo cal non hai incompatibilidade.

5. Con respecto á alegación presentada polo Concello de Ourol cabe manifestar, por un lado, que este non presentou ningún proxecto en competencia no momento oportuno, e por outro, o organismo competente para o desenvolvemento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia é a Consellería de Industria e Comercio e non é por tanto de competencia municipal. En canto a que debería terse en conta o impacto ambiental, hai que dicir que o citado proxecto conta con declaración de impacto ambiental.

6. En cuanto á resolución da peza separada dentro deste expediente no que se estudia a compatibilidade ou non dos distintos dereitos amparados pola utilidade pública que incide sobre un mesmo espacio é procedente declarar esta de acordo cos argumentos establecidos no informe da Subdirección Xeral de Enerxía e Minas con data do 16 de setembro de 2002, que esta consellería acepta e que serve de motivación á presente resolución neste punto ó incorporarse ó texto desta, tal e como establece o artigo 89.5º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Autorizar a Acciona Eólica de Galicia, S.A., a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Álabe-Leste, que se vai situar nos concellos de Ourol e O Valadouro.

2. Aproba-lo proxecto de execución da citada instalación.

3. Recoñecerlle a esa instalación, a condición de instalación acollida ó réxime especial do Real decreto 2818/1998, e incluíla no grupo b 2) do artigo 2 do dito real decreto.

4. Declara-la utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Álabe-Leste, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

5. Declara-la compatibilidade da actividade de producción de enerxía eléctrica no parque eólico denominado Álabe-Leste coa explotación dos recursos minerais existentes no ámbito territorial afectado por permiso de investigación Río Bao nº 5514 e coa concesión de explotación Sorpresa Terceira nº 3465, da que os seus solicitantes son respectivamente as empresas Tolsa, S.A. e Turberas del Buyo y del Gistral, S.A.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Acciona Eólica de Galicia, S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimento da súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza de 256.960,27 euros, importe do 2% do orzamento que figura no expediente, para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 19 do citado Decreto 302/2001, do 25 de outubro.

A citada fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1º, punto 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 12.848.013,29 euros.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto será necesaria a previa autorización desta Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio de Lugo poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicarlle a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade. Que

da condicionado o inicio das obras dos aeroxeradores M-801 e M-803, ó previo informe favorable da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental relativo á relocalización destes.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Acciona Eólica de Galicia, S.A. no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribir esta no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do R.D. 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque conectarase co sistema de captación e procesamento de datos de producción enerxética de Galicia regulado por Orde do 29 de xullo de 2002 (DOG do 13 de agosto).

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de impacto ambiental do 5 de novembro de 2001, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 7.1º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia.

Sétima.-A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, de 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer, se é o caso, recurso potestativo de reposición de acordo co establecido no artigo 116 da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da citada data, de acordo

co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2002.

P.D. (Orde 20-12-2001, DOG nº 250,

do 28 de decembro)

Jesús Vázquez San Luis

Seretario xeral da Consellería de Industria e Comercio