Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 30 de outubro de 2002 Páx. 15.381

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/110-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Hidroeléctrica del Fragoso, S.L.

Domicilio social: Sáenz Díez, 43 entreplanta, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T.S., evacuación da enerxía central Río Fragoso.

Situación: Lobeira-Lobios.

Descricións técnicas: liña a 20 kV subterránea de 876 m de lonxitude, en conductor R.H.Z. (H16) Al, con orixe na minicentral hidráulica do Fragoso no Río Fragoso (Lobeira) e remate na L.M.T. aérea propiedade de Unión Fenosa, S.A., que pasa por Silvares (Lobios).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 3 de outubro de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL