Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 30 de outubro de 2002 Páx. 15.357

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Hotel NH Atlántico.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Hotel NH Atlántico (código convenio 1500751),

que tivo entrada nesta delegación provincial o día 19-7-2002 e posteriormente rectificado o 9-9-2002, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social, polo comité de empresa, o día 11-7-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 16 de setembro de 2002.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio da empresa Hotel NH Atlántico,

pertencente á empresa NH Hoteles, S.A.,

para os anos 2002, 2003 e 2004

Preámbulo.

Este convenio colectivo subscrito entre a representación social e económica da empresa NH Hoteles, S.A. no seu centro de traballo do hotel NH Atlántico da Coruña, é a expresión da negociación desenvolvida entre as partes, constituíndo a manifestación dos acordos libremente adoptados por elas, quen manifestan de forma expresa que esgotaron a súa capacidade negociadora.

Son partes asinantes do convenio:

* Pola empresa: Antonio Rodríguez Gutiérrez e César Pérez Rodríguez.

* Polos traballadores: Juan José Souto Rodríguez, Carmen Anllo Cousillas, Luis López Carrón, Jesús Castiñeira Castiñeira e Marina Barcia Capelán.

Como resultado da negociación colectiva laboral, na que as partes conviñeron a regulación das súas condicións de traballo e unha vez constituída a comisión negociadora conforme as normas que establece o título III do vixente Estatuto dos traballadores, aprobado polo R.D.L. 1/1995, do 24 de marzo, acórdase:

Artigo 1º.-Ámbito persoal.

Este convenio colectivo afectará a totalidade do cadro de persoal do Hotel NH Atlántico, pertencente á empresa NH Hoteles, S.A., con domicilio en r/ Xardíns de Méndez Núñez s/n, 15006 A Coruña, que na entreda en vigor deste convenio pertenzan ó citado centro de traballo.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

Con independencia da data na que apareza publicado este convenio no BOP, entrará en vigor na súa totalidade o día 1 de xaneiro de 2002 e finalizará o 31 de decembro do 2004. A súa duración, por tanto, será de tres anos.

Artigo 3º.-Denuncia.

Este convenio poderá ser denunciado por calquera das partes cun mes de antelación, como mínimo, á data do seu vencemento. No suposto de que ningunha das dúas partes procedese á súa denuncia, este entenderase prorrogado por espacio dun ano máis, co incremento salarial do IPC do ano anterior máis un coma cinco puntos (1,5).

Artigo 4º.-Incrementos salariais.

Para o ano 2002 páctase un incremento salarial do 3,70%, quedando os salarios e complementos para este ano, tal e como se reflicte na táboa salarial do anexo I do presente convenio.

Para o ano 2003 acórdase un incremento salarial do IPC rexistrado no ano anterior, en conxunto nacional, máis un punto.

Para o ano 2004 acórdase un incremento salarial do IPC rexistrado, no conxunto nacional, no ano anterior, máis un punto e medio.

Estes incrementos aplicaranse tanto ó salario base como ós complementos do presente convenio.

Artigo 5º.-Modalidade retributiva.

A retribución salarial do persoal afectado polo presente convenio consistirá nun soldo base, consonte as distintas categorías profesionais, ó que se lle sumarán os complementos que se pactan, tal e como quedan reflectidos na táboa salarial anexa, polo que queda totalmente suprimida a porcentaxe de servicio que rexía esta actividade.

Artigo 6º.-Compensación e melloras.

As condicións establecidas neste convenio colectivo, consideradas no seu conxunto e cómputo anual, poderán ser compensadas e absorbidas coas xa existentes no momento de entrar en vigor, calquera que sexa a súa causa ou orixe delas. Así mesmo poderán ser absorbidas por outras condicións superiores fixadas por disposición legal, contrato individual, concesións voluntarias, etc., que se puidesen aplicar no sucesivo, sen prexuízo do que se poida establecer mediante pactos expresos entre as partes.

Artigo 7º.-Clasificación profesional.

A clasificación profesional que se establece no presente convenio é meramente enunciativa e non está, polo tanto, obrigada a empresa a ter cubertas tódalas categorías, mentres os servicios o requiran.

Respecto ó resto das categorías que figuran expresamente neste convenio, haberá que se ater ó sinalado no actual acordo laboral de ámbito estatal para o sector de hostalería.

Artigo 8º.-Niveis ocupacionais.

Tódalas categorías profesionais representadas polos empregados afectos a este convenio se adscribirán conforme os seguintes niveis ocupacionais:

Nivel 1.

Administrador xeral-contable.

Nivel 2.

Xefe de recepción. Xefe de comedor ou sala. Xefe de cociña.

Nivel 3.

Xefe de mantemento. Gobernanta xeral. 2º xefe de recepción. Xefe de economato.

Nivel 4.

Contable. Xefe de sector. Xefe de partida.

Nivel 5.

Recepcionista. Conserxe de noite. Gobernanta. Encargada de lencería-lavandería. Oficial de admón.-contabilidade. Camareiro. Cociñeiro. Telefonista 1ª. Comercial.

Nivel 6.

Telefonista 2ª. Axudante de recepción. Aux. de oficina. Gonernanta 2ª. Encargado/a limpeza. Especialistas de mantemento e servicios.

Nivel 7.

Camareira de pisos. Axudante de camareiro. Axudante de cociñeiro. Auxiliares de recepción-conserxería (mozos, porteiros e ordenanzas). Lenceiras, limpadoras, mozos limpeza. Auxiliares de cociña. Auxiliares de mantemento e servicios.

No suposto de existencia dunha reclamación de clasificación profesional, a dirección, antes de resolvela, requirirá o informe dos representantes dos traballadores.

Artigo 9º.-Retribucións.

A retribución para cada un dos niveis salariais existentes na empresa é a que se relaciona na táboa salarial do anexo I, que forma parte indivisible deste convenio colectivo.

Artigo 10º.-Manutención.

A partir do 1 de xaneiro de 1996 só terán dereito a manutención, como complemento salarial en especie, con cargo á empresa e durante as horas que presten servicio aqueles empregados que, o 31 de decembro de 1995, estivesen excercendo tal dereito.

Para o resto do persoal que, con dereito a manutención, renuncia a esta, seralle substituída, con cargo á empresa, pola cantidade mensual de 48,51 A.

Artigo 11º.-Complemento de asistencia.

Queda establecida a percepción deste complemento na contía mensual de 38,14 A. Perderase o importe corrrespondente a un día deste complemento por cada xornada que se falte ó traballo.

Artigo 12º.-Complemento de transporte.

O persoal afecto ó presente convenio percibirá, en compensación por gastos de desprazamento e transporte, un complemento extrasalarial na contía de 60,39 A mensuais.

En caso de inasistencia, este plus percibirase proporcionalmente ós días traballados.

Artigo 13º.-Aumentos por antigüidade.

Os complementos salariais por antigüidade establécense de acordo coa seguinte escala:

4% sobre o salario do artigo 9º, ó cumprir tres anos de servicio efectivo na empresa.

9% ó cumprir seis anos.

17% ó cumprir nove anos.

29% ó cumprir catorce anos.

41% ó cumprir dezanove anos.

48% ó cumprir vintecatro anos.

50% ó cumprir vintecinco anos de servicio, data a partir da cal se incrementará nun dous por cento anual, ata o límite de 40 anos de servicio (80%).

A data inicial para a determinación de antigüidade será a do ingreso na empresa, aínda que cambie, por ascenso ou por calquera outro motivo, de categoría laboral.

Os premios por antigüidade para o persoal do que a data de ingreso na empresa sexa posterior ó 1-1-1987, quedarán establecidos por trienios, a razón de 19,38 A.

Esta última cantidade será revisada co resto das condicións económicas do convenio.

Artigo 14º.-Gratificacións extraordinarias.

Durante a vixencia do presente convenio aboaranse tres gratificacións extraordinarias, de trinta días cada unha, nos meses de xullo, setembro e decembro, constituídas polos salarios establecidos no artigo 9º, incrementados coa antigüidade que corresponde en cada caso.

Artigo 15º.-Vacacións.

O período de vacacións para o persoal afecto ó presente convenio será de trinta días naturais por ano.

Con independencia das vacacións, os traballadores desfrutarán dos días festivos non recuperables legalmente establecidos.

Os días 29 e 30 de xullo, festividade de Santa Marta, consideraranse festivos para os efectos laborais, con opción, por parte da empresa, para poder substituílos por pagamento en metálico co fin de mante-lo normal funcionamento desta. A substitución en metálico será a que lle corresponda ó traballador polo seu salario real.

Anualmente negociarase co comité de empresa un calendario anual de vacacións.

En caso de que, por calquera circunstancia, non se puidesen desfruta-las vacacións no período establecido, o citado comité negociará coa empresa o seu desfrute noutra data, establecendo como tope o segundo mes do ano seguinte.

Artigo 16º.-Xornada laboral.

A duración máxima da xornada laboral ordinaria será de corenta horas semanais de traballo efectivo.

Esta xornada deberá ser continuada nos departamentos de recepción-conserxería, teléfono, pisos, lencería, administración-contabilidade e servicio técnico.

Anualmente elaborarase un calendario de xornada e descansos, negociado entre o comité e a empresa. O dito calendario deberá estar elaborado e exposto no taboleiro de anuncios antes do día 15 de xaneiro de cada ano.

Artigo 17º.-Gratificación por matrimonio.

A gratificación para o persoal que contraia matrimonio e rescinda contrato de traballo por tal causa, consistirá no aboamento dunha mensualidade por cada ano de servicio á empresa, cun máximo de seis, composta polo salario que figura no artigo 9º, segundo a súa categoría profesional, incrementado coa antigüidade que lle corresponda, se é o caso.

O persoal que leve máis de dous anos ó servicio da empresa e contraia matrimonio e continúe nela, percibirá, en concepto de gratificación, unha mensualidade que comprenderá a retribución do salario que lle corresponda pola súa categoría laboral, maila antigüidade, se procede.

Artigo 18º.-Licencias.

Sen perda de retribución ningunha, a empresa concederá licencias nos casos seguintes e coa duración que se expresa:

* Matrimonio do traballador: 15 días.

* Enfermidade grave, intervención cirúrxica ou morte do cónxuxe, pais, fillos ou familiares ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade: 4 días.

* Parto da esposa: 4 días.

* Voda de fillos, irmáns, bautizos e primeiras comuñóns:

-Se é dentro da provincia: 1 día.

-Se é fóra dela: 3 días.

* Traslado de domicilio habitual: 1 día.

* Libre disposición, non acumulable a vacacións: 2 días.

Artigo 19º.-Excedencia.

O traballador cunha antigüidade na empresa de, polo menos, un ano, terá dereito a que se lle recoñeza a situación de excedencia voluntaria por un período máximo de cinco anos, e concederase polo tempo solicitado, sen que en ningún caso se poida producir tal situación nos contratos de duración determinada.

Reunirá o traballador as condicións seguintes:

a) Contar cunha antigüidade na empresa superior a un ano. A concesión outorgaráselle no prazo dun mes a partir da petición.

b) A excedencia terá unha duración mínima de seis meses e máxima de cinco anos.

c) O traballador que desexe incorporarse ó seu posto de traballo notificarllo á empresa cun mes de anticipación á data na que expire o prazo.

d) Perderá o dereito á reincorporación ó seu emprego todo aquel excedente que, en tal período de tempo, prestase servicios por conta allea en calquera posto de traballo, dentro do territorio nacional, en empresas comprendidas no acordo laboral de ámbito estatal para o sector de hostalería.

e) Se a empresa lle dese emprego a outro traballador para substituí-lo excedente, aquel terá a condición de interino, e causará baixa ó reincorporarse o substituído. Se este non se reincorpora no prazo e condicións sinaladas, cesaría definitivamente na empresa, e adquiriría o interino a condición de fixo.

f) Os traballadores terán dereito a un período de excedencia especial para atende-lo coidado de fillos e familiares, nos termos recollidos no artigo 46.3º do vixente Estatuto dos traballadores, na súa redacción dada pola Lei 39/1999, de conciliación da vida familiar e laboral das persoas traballadoras.

g) Así mesmo, poderán solicita-la situación de excedencia os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior, mentres dure o seu mandato.

h) Para acollerse a outra excedencia voluntaria, o traballador deberá cubrir un novo período de traballo de catro anos, polo menos, no servicio efectivo á empresa.

i) A excedencia concederase sen dereito ningún a retribución, e o tempo que dure non será computable para ningún efecto.

Artigo 20º.-Quebrantamento de moeda.

En concepto de quebrantamento de moeda, os departamentos que se indican percibirán os seguintes importes mensuais:

Caixa xeral: 15,61 A.

Recepción: 16,98 A.

Bar, conserxería nocturna: 11,87 A.

Artigo 21º.-Complementos especiais e nocturnidade.

O persoal que se especifica a seguir, por razón do desempeño do propio posto de traballo, percibirá os seguintes importes mensuais:

Xefe de servicio técnico: 24,61 A.

Mecánico ou calefactor: 16,31 A.

Conserxe de servicio nocturno: 81,90 A.

Vixilante de noite: 81,90 A.

As horas traballadas durante o período comprendido entre as dez da noite e as seis de mañá, salvo que o salario se establecese atendendo a que o traballo sexa nocturno pola súa propia natureza, terán un incremento do 25% sobre o salario base.

Artigo 22º.-Enfermidade.

En caso de enfermidade ou accidente, a empresa incrementará as prestacións da Seguridade Social ata o 100% do salario establecido no artigo 9º, máis antigüidade e manutención. Así mesmo, percibirase o plus de asistencia na súa totalidade en caso de accidente, intervención cirúrxica, hospitalización ou parto.

Estes complementos manteranse por un período máximo de doce meses.

Así mesmo, os períodos de baixa por enfermidade ou accidente de traballo non se terán en conta para deducir días do período de vacacións.

Artigo 23º.-Gratificación especial por vinculación á empresa.

Cando un traballador/a con cincuenta e nove anos ou máis de idade e unha antigüidade mínima na empresa de vinte anos, cause baixa definitiva nela por calquera causa, con excepción do despedimento tanto se é procedente como improcedente, percibirá xunto á liquidación e en función dos anos que per

manecese na empresa, unha gratificación económica consistente en:

A partir dos 20 anos de antigüidade, unha gratificación de seis días de retribución total por cada ano de servicio. Esta gratificación verase incrementada en:

* Se o traballador/a causase baixa definitiva na empresa con 60 anos de idade, a anterior gratificación verase incrementada nun 120%.

* Se o traballador/a causase baixa definitiva na empresa con 61 anos de idade, a anterior gratificación verase incrementada nun 95%.

* Se o traballador/a causase baixa definitiva na empresa con 62 anos de idade, a anterior gratificación verase incrementada nun 70%.

* Se o traballador/a causase baixa definitiva na empresa con 63 anos de idade, a anterior gratificación verase incrementada nun 45%.

* Se o traballador/a causase baixa definitiva na empresa con 64 anos de idade, a anterior gratificación verase incrementada nun 20%.

Cando un traballador morra en situación de activo na empresa, a dita gratificación aboaráselles ós seus herdeiros legais.

Artigo 24º.-Prazos de aviso previo para cesamento na empresa.

O prazo de aviso previo nos casos de cesamento voluntario dos traballadores será o seguinte:

-30 días para empregados do nivel 1.

-15 días para os empregados dos niveis 2 a 7.

O incumprimento destes prazos por parte dos traballadores dará lugar á perda do salario que puidese corresponderlles polos días non outorgados de aviso previo.

Artigo 25º.-Comisión paritaria de vixilancia, interpretación e aplicación do convenio.

As partes signatarias acordan establecer unha comisión, como órgano de interpretación e vixilancia do cumprimento deste convenio, así como do desenvolvemento das relacións laborais no centro de traballo.

Son funcións específicas:

1. Interpreta-lo convenio.

2. Conciliación naqueles problemas ou cuestións que lle sexan sometidos polas partes.

3. Vixilancia do cumprimento do pactado.

A comisión intervirá preceptivamente nestas materias, deixando a salvo a liberdade das partes para que, unha vez esgotado este campo, procedan en consecuencia.

Esta comisión estará integrada por tres representantes de cada unha das partes asinantes.

Disposicións adicionais

Primeira.-En todo o non estipulado neste convenio colectivo, será de aplicación o regulado no convenio colectivo provincial de hostalería da provincia da Coruña, ou calquera outro que o substitúa.

Segunda.-O crédito horario previsto pola lexislación vixente para os comités de empresa, delegados de persoal ou seccións sindicais de empresa, poderá ser acumulado anualmente por un ou varios membros destes órganos, logo de cesión por escrito do interesado e comunicación á dirección da empresa.

Na Coruña, 11 de xullo de 2002.

ANEXO I

Táboa salarial do convenio colectivo do Hotel NH Atlántico (A Coruña), para o ano 2002

Salario base/convenioComplem. de transporteComplem. asistenciaComplem. manutenciónTotal

Grupo salarial

Categorías laborais

Mensual

Anual

Mensual

Anual

Mensual

Anual

Mensual

Anual

Mes

Ano

Nivel 1. Administrador xral. contable1.470,8422.062,6060,39724,6838,14457,6848,51582,121.617,8823.827,08

Nivel 2. Xefe de recepción, xefe de comedor, xefe de cociña906,4013.596,0060,39724,6838,14457,6848,51582,121.053,4415.360,48

Nivel 3. Xefe mantemento, xefe de economato, gobernanta xral., 2º xefe recepción, xefe 2º sala897,3213.459,8060,39724,6838,14457,6848,51582,121.044,3615.224,28

Nivel 4. Xefe de sector, xefe de partida, contable825,3212.379,8060,39724,6838,14457,6848,51582,12972,3614.144,28

Nivel 5. Recepcionista, conserxe de noite, gobernanta, engda. de lencería/lavandería, oficial de admón.-contabilidade, comercial, telefonista 1ª, camareiro, cociñeiro776,8211.652,3060,39724,6838,14457,6848,51582,12923,8613.416,78

Nivel 6. Axdte. de recepción, aux. de oficina, telefonista 2ª, gobernanta de 2ª, engdo. limpeza, especialista de mantemento e servicio722,6810.840,2060,39724,6838,14457,6848,51582,12869,7212.604,68

Nivel 7. Camareira de pisos, axdte. de camareiro, axdte. de cociñeiro, aux. de recepc.-conserxería, (mozos, ordenanzas...), lenceiras, limpadoras, aux. de cociña, aux. de mantemento693,6710.405,0560,39724,6838,14457,6848,51582,12840,7112.169,53