Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 30 de outubro de 2002 Páx. 15.362

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2002 pola que se lle dá publicidade ó acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aproba a modificación da estructura organizativa do seu persoal directivo.

Con data do 27 de xaneiro de 2000, o Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) aprobou a reorganización do persoal directivo do instituto, publicada mediante Resolución do 28 de xaneiro de 2000 (DOG nº 31, do 15 de febreiro).

O Consello de Dirección do Igape, na súa reunión do 3 de outubro de 2002, acordou a creación dunha nova área especializada na análise, supervisión e coordinación dos distintos programas do instituto, co fin de profundar nas actividades de contraste, avaliación e seguimento operativo da actividade do Igape.

Por todo o que antecede, e en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Único.-Publica-la modificación da estructura organizativa do persoal directivo do Igape acordada polo Consello de Dirección do instituto na súa reunión do 3 de outubro de 2002, no seguinte sentido:

Primeiro.-Ó punto 2. Persoal directivo do instituto, engádeselle un punto 2.5. Área de Seguimento e Coordinación de Programas.

Segundo.-Engádese un último epígrafe á estructura, co seguinte texto:

«2.5. Área de Seguimento e Coordinación de Programas.

Ó responsable da Área de Seguimento e Coordinación de Programas corresponderanlle as actividades de análise e seguimento do nivel de desenvolvemento e implantación dos distintos programas xestionados polo Igape, así como estudiar e propoñe-la metodoloxía de análise permanente sobre a problemática e as necesidades do tecido productivo galego, e propoñerlle á dirección xeral as iniciativas e actuacións que resulten oportunas de cara a asegura-lo maior nivel de eficacia e eficiencia na súa aplicación, con especial referencia ós programas que en materia de servicios ás empresas desenvolva o Igape, tanto no ámbito do asesoramento e de consultoría coma no ámbito financeiro.

Para o desenvolvemento das súas funcións, a Área de Seguimento e Coordinación de Programas contará co apoio das correspondentes subdireccións xestoras

das restantes áreas do instituto e actuará coordinadamente cos directores de área respectivos.».

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2002.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica